Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de resolución de recurso de reposición.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 7 de abril de 2022, adoptou o acordo de resolución do recurso de reposición interposto contra o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 23 de decembro de 2021, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021: prazas de sarxento de extinción de incendios (expediente 39314/220), no sentido seguinte:

Primeiro. Estimar parcialmente, con base no informe que antecede, o recurso presentado o 25 de xaneiro de 2022, por Marcos Lorenzo, con DNI **1167***, contra o Acordo da Xunta de Goberno Local, adoptado en sesión extraordinaria do 23 de decembro de 2021, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021 (BOP do 29 de decembro, e no DOG do 30 de decembro), excluíndo da referida oferta de emprego público as catro prazas de sarxento de extinción de incendios pola quenda de promoción interna.

Segundo. Notificarlles esta resolución ao recorrente, ao Comité de Persoal, Intervención Xeral e ao persoal técnico da Área de Recursos Humanos e Formación para os efectos oportunos.

Terceiro. Ordénase a publicación deste recurso no BOP e no DOG.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de xuño de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto de Alcaldía 16.4.2021; Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Contratación,
Patrimonio e Xestión Municipal