En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMT PRS806 entre os apoios núm. 55-5 e 55-13.
Situación: lugar de Biduedo, concello de Nogueira de Ramuín.
Características principais recollidas no proxecto:
– Actuación 1. Instalación de 2 novos apoios de celosía metálica, en substitución dos existentes de formigón núm. 55-10 e 55-12, por deterioración no primeiro caso e para manter as condicións regulamentarias do tendido no segundo, e cambio do condutor deste van por novo condutor de tipo LA-56.
– Actuación 2. Instalación de novo apoio tamén de celosía metálica entre os apoios núm. 55-10 e 55-10-1, debido á instalación de LMT derivada, e dotación de novo condutor LA-56 no primeiro van e outras actuacións complementarias.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, o 16.2.2022.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderá examinarse nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 1 de xuño de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2022/76-3.
Concello: Nogueira de Ramuín.
Denominación da instalación: regulamentación LMT PRS806 entre os apoios núm. 55-5 e 55-13.
Predio núm. en proxecto: 2.
Lugar: Cavadoiro.
Cultivo: matogueira.
Titular: CMVMC de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Afeccións: apoio núm. 55-12, cunha superficie de ocupación de 2 m2.