Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 27 de xuño de 2022 Páx. 36501

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 21 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do director xeral da Función Pública do 26 de abril de 2021 e 12 de maio de 2021.

Mediante as resolucións do 26 de abril de 2021 e 12 de maio de 2021, que se recollen no anexo I da presente orde, convocaronse diversos procesos de funcionarización.

Unha vez rematados os procesos antes indicados, dítase esta orde coa finalidade de regular varios aspectos derivados do cambio do vínculo xurídico coa Administración.

De conformidade co artigo 72 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o principio de simplificación administrativa, acórdase unha única orde para regular as cuestións derivadas do cambio do vínculo xurídico das persoas afectadas polos ditos procesos de funcionarización.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto regular o cambio do vínculo xurídico do persoal recollido no anexo II desta orde que superou o correspondente proceso de funcionarización.

2. Así mesmo, esta orde ten por obxecto regular o prazo de toma de posesión como persoal funcionario de carreira do dito persoal.

3. Finalmente, esta orde ten por obxecto regular outros aspectos ligados ao cambio do vínculo xurídico coa Administración do persoal que superou o devandito proceso de funcionarización.

Artigo 2 Prazo para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte o establecido no artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. A data de sinatura deste acordo de extinción será o 30 de xuño.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Artigo 3. Prazo para o cambio do vínculo xurídico coa Administración

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de xullo de 2022.

Artigo 4. Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas ou incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto

No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo. Nos supostos de incapacidade temporal ou incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Artigo 5. Efectos do incumprimento dos prazos

O incumprimento dos prazos antes indicados, agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral da Función Pública, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, mantendo a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.

Artigo 6. Excedencias

Segundo o establecido no artigo 8.2 do Decreto 165/2019, o/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 7. Trienios

Segundo o artigo 9.3 do Decreto 165/2019, o persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.

Percibiránse os trienios recoñecidos valorados na contía que corresponda ao corpo, subgrupo, escala ou especialidade do posto equivalente.

As diferenzas de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario percibirase nun concepto na nómina nos termos recollidos no artigo seguinte.

O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como laboral.

Artigo 8. Complemento de funcionarización

Segundo o establecido no artigo 9.2 do Decreto 165/2019, a diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización

Este complemento dividirase en dúas epígrafes:

Epígrafe a) funcionarización-persoal: comprende a diferenza de retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, percibidas como persoal laboral fixo, excluídos os complementos de antigüidade e demais complementos persoais, e as percibidas como persoal funcionario. Este complemento percibirase en 12 mensualidades. Este complemento non é compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Epígrafe b) funcionarización-antigüidade: que recollerá a diferenza de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario. Este complemento percibirase en 14 mensualidades e non será compensable nin absorbible.

Artigo 9. Consolidación do grao persoal

A consolidación do grao persoal realizarase de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Artigo 10. Persoal en adscrición temporal

O persoal que no momento da toma de posesión se atope en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.

Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte o establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Artigo 11. Compatibilidades

As persoas que, ao abeiro da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar, ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade en tanto recae a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto.

Artigo 12. Mantemento das interinidades

Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.

Artigo13. Reducións de xornada

O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio de vínculo xurídico, teña concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez se formalice o cambio.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I
Convocatorias dos procesos de funcionarización obxecto da presente orde

Mediante a Resolución do 26.4.2021, convocouse o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 81, do 30 de abril).

Mediante a Resolución do 26.4.2021, convocouse o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 81, do 30 de abril).

Mediante a Resolución do 26.4.2021, convocouse o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 81, do 30 de abril).

Mediante a Resolución do 12.5.2021, convocouse o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 94, do 21 de maio).

ANEXO II
Persoal nomeado funcionario de carreira

– Corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1

Categoría 004 (titulado/a superior) do grupo I.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Abraira Pin, María Soledad

***0684**

MAO310000015770106

Definitivo

Andrade García, Manuel Gaspar

***8379**

EIC992090115450021

Provisional

Antuña Álvarez, José Higinio

***9666**

EI3010000315770050

Definitivo

Ardao Rodríguez, Margarita

***6930**

EIA110000415770101

Definitivo

Arias López, Alba Mónica

***6779**

MAO310000015770112

Definitivo

Bouzón López, María Lourdes

***7305**

EIA110000415350105

Definitivo

Callón Cameán, Juan Luis

***5398**

EIC992090236001035

Provisional

Calvo Pallas, María Soledad

***8936**

EIA110000115770101

Definitivo

Cambón Porteiro, Carlos

***3304**

EIC992090115190051

Provisional

Carballo Blanco, Josefina

***3057**

EIC992090132001037

Provisional

Castilla Pascual, María del Rosario

***5713**

INA110000432730101

Definitivo

Castro Couselo, José Manuel

***8900**

EIA110000115770102

Definitivo

Cesar Vila, Álvaro

***8657**

EIA110000315770101

Definitivo

Díaz Manso, José Marcial

***4318**

MAO310000015770104

Definitivo

Diéguez Armada, Alberto

***7213**

EI3010030032730001

Definitivo

Docampo Bello, Carmen

***9355**

MAO310000015770110

Definitivo

Dorrego Taín, Manuel Jorge

***5229**

MAO310000015770111

Definitivo

Enríquez López, Juan Carlos

***6256**

EIC992090136080052

Provisional

Fernández Fraga, Ana Isabel

***5713**

EIA110000415350106

Definitivo

Fernández Rodríguez, Rufo José

***3635**

MAO310000015770121

Definitivo

Fernández-Barja Martínez, José Carlos

***0912**

EIC992090115770050

Provisional

Ferro Prieto, José Manuel

***4676**

EIC992090136240021

Provisional

Freire Corzo, Rosa María

***1814**

EIA110000315770102

Definitivo

Gaiteiro Barreiro, María Jesús

***0860**

EIC992090136001041

Provisional

García Canosa, Evaristo

***7109**

MAO310000015770103

Definitivo

García Pazos, Fernando

***4309**

MAO310000015770107

Definitivo

García Regueiro, María Antonia

***6697**

EIA110000015770103

Definitivo

Gómez González, José Juan

***0850**

EIC992090127001025

Provisional

González Álvarez, Isabel

***5681**

EIC992090215770013

Provisional

González Bernárdez, Gonzalo José

***9137**

MAO310000015770120

Definitivo

González Carracedo, Flora

***0589**

EIA110000315770103

Definitivo

González Loredo, Azucena

***9320**

EIC992090127500012

Provisional

Hermida Torres, Elsa

***6200**

EIC994080127300002

Provisional

Lois Ferradas, José

***3695**

EIC992090132190011

Provisional

López Loureiro, Ana

***1442**

EIC992090115350018

Provisional

López Quintiá, Patricia

***3605**

EIA110000415770103

Definitivo

Lorenzo Fernández, Manuel

***6379**

EIC992090115001021

Provisional

Mondaray Zafrilla, José Alfonso

***7636**

EI3010030032730002

Definitivo

Monedero Varona, José Miguel

***3632**

EIA110000415350101

Definitivo

Monteagudo Romero, María Inés

***7055**

EIC992090115110053

Provisional

Nieto Mengotti, Santiago Manuel

***2510**

EIA110000415350102

Definitivo

Paz Fuentes, Mario

***0999**

EIC992090127085020

Provisional

Pereira Otero, Concepción

***7583**

PX3010000015770101

Definitivo

Pérez Novo, Francisco Javier

***6328**

EIC992090215001019

Provisional

Pérez Abadín Barro, José Sebastián

***9195**

EIC992090127001026

Provisional

Prieto Calviño, José Luis

***4711**

EI3010030032730003

Definitivo

Puga Barreiros, María Milagros

***6610**

EIC992090232001027

Provisional

Rodríguez Legarreta, María Jesús

***1061**

EIA110000415350103

Definitivo

Román Diaz, María Berta

***4422**

MAO310000015770105

Definitivo

Romero Pérez, Javier

***9423**

EIC992090215770019

Provisional

Sánchez Vecino, Carlos

***9263**

EIA110000315770104

Definitivo

Sanz Infante, Fernando

***3368**

INA110000432730102

Definitivo

Serantes Durán, Inmaculada María

***9899**

MAO310000015770108

Definitivo

Soliño Bermúdez, Manuel

***0141**

EIC992090236560022

Provisional

Somoza Torres, María Carmen

***5398**

EIC992090136540052

Provisional

Touza Vázquez, Manuel Cesáreo

***7745**

INA110000432730103

Definitivo

Valín Valdés, Manuel Alfonso

***5761**

EIC992090127290021

Provisional

Varela Acevedo, Regino

***4310**

EIA110000415350104

Definitivo

Vavrinova ---, Jana

***6591**

EIA110000415350107

Definitivo

Vázquez Blanco, Juan Carlos

***9205**

EI3010030032730004

Definitivo

Vázquez Fernández, Sonia

***1978**

EIC992090227001050

Provisional

Vázquez Rodríguez, Sonia

***7383**

EIC992090132680021

Provisional

Vázquez Tenorio, María Milagros

***0315**

MAO310000015770101

Definitivo

Vicente Dávila, Fernando

***5798**

EIC992090136590018

Provisional

Vilariño García, María Montserrat

***7713**

MAO310000015770102

Definitivo

Villarino Pardo, Ana María

***1036**

EIC992090132840051

Provisional

Yebra Ferro, Francisco Javier

***5666**

EI3010030032730005

Definitivo

– Corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2.

Categoría 001 (director/a residencia), categoría 007 (titulado/a de grao medio) e categoría 021 (monitor/a ocupacional) do grupo II.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Andrade García, Sonia María

***6822**

PSC994080115190001

Definitivo

Antelo García, Jesús

***6102**

PSC050000015770165

Provisional

Blanco Martínez, Roberto

***4708**

MAO310000015770133

Definitivo

De Nicolás Sánchez, José Luis

***3529**

EIA110000415350110

Definitivo

Fanego Rioboo, Francisco Javier

***1379**

MAO310000015770132

Definitivo

Feijoo Lamas, Mónica

***1162**

EIA110000415350111

Definitivo

Fernández Fernández, Beatriz

***5461**

EIC992090132840051

Provisional

González Solla, Salvador

***5149**

EIC992090136420021

Provisional

Latorre Díaz, Carlos

***3328**

PSC994060127001001

Definitivo

Pedras Saavedra, José Francisco

***7798**

INA110000432730110

Definitivo

Pérez Álvarez, Sergio

***9176**

EI3010030032730021

Definitivo

Piñeiro Veiras, Gonzalo

***7784**

INA110000432730111

Definitivo

Rodríguez López, Javier

***6727**

EI3010030032730020

Definitivo

Seoane Seoane, Antonio

***7802**

EI3010030032730022

Definitivo

Seoane Seoane, Miguel Ángel

***9697**

EI3010030032730023

Definitivo

– Corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1.

Categoría 02 (encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado, xefe/a administración..) e Categoría 62 (oficial/a 1ª administrativo/a, oficial/a administrativo/a...) do grupo III

Nome

NIF

Posto

Carácter

Cabanelas Domínguez, Julio Alberto

***9595**

EI3010030032730030

Definitivo

Cagiao Manso, Anabel

***9429**

EIA110000215770120

Definitivo

González Murga, Marta

***0958**

PRC070000015770100

Provisional

Huidobro Vence, Isabel

***8996**

PX3010000015770105

Definitivo

Martínez García, José Ramón

***8511**

MAO310000015770145

Definitivo

Sánchez Poza, María Mercedes

***9609**

EIA110000115770121

Definitivo

– Corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática.

Categoría 030 (programador/a) do grupo III.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Cuñarro Taboada, Celso

***1934**

MAO310000015770153

Definitivo

– Corpo auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2.

Categoría 01 (auxiliar de gravación, oficial/a 2ª linotipista, auxiliar administrativo/a...) do grupo IV.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Abal Pampín, Juan Luis

***3348**

EIA110000415770120

Definitivo

Candales Manso, Luisa

***5093**

EIA110000415350120

Definitivo

Conde Murga, María del Pilar

***8379**

EIA110000115770120

Definitivo

Hermida Varela, José

***0994**

EIA110000415350121

Definitivo

Pérez Anido, Eva María

***8115**

EIA110000415350122

Definitivo

Yáñez Vázquez, Cristina

***0696**

EIA110000315770120

Definitivo

– Corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escala de facultativos.

-Especialidade de Psicoloxía.

Categoría 006 do grupo I (titulado/a superior psicólogo).

Nome

DNI

Posto

Carácter

Verea López de Guereñu, Belén

***0175**

PRC991001136560003

Provisional

Spinola Conde, Jesús Bernardo

***4622**

PSC030000015770107

Definitivo

– Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos.

-Especialidade de xardín de infancia.

Categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia; técnicos/as superiores en educación infantil) do grupo III.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Paradela Méndez, María Carmen

***7752**

TRC994040415001005

Definitivo

– Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica.

Categoría 03 (auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico/a) do grupo IV.

Nome

NIF

Posto

Carácter

Álvarez Álvarez, María Ángeles

***6717**

PSC994080227001055

Provisional

Cortes Núñez, Lidia

***6133**

PSC994080227001058

Provisional

Fernández Abalde, Yolanda María

***1130**

PSC994080036560229

Definitivo

Fernández Martínez, José

***8667**

PSC994090136440131

Provisional

Ferreiro Calvelo, María Teresa

***5017**

PSC994080115001053

Definitivo

Funcasta López, María Montserrat

***7039**

PSC994080115350073

Provisional

García Barcía, Mª José

***7878**

PSC994080215770151

Provisional

González Abelleira, Ana María

***2681**

PSC994080227001049

Definitivo

González Bugallo, María del Carmen

***2166**

PSC994080136001043

Provisional

González Cabana, María José

***5675**

PSC994080227001056

Provisional

López Valledor, María del Carmen

***7408**

PSC994080227001057

Provisional

Otero Carollo, Rosa María

***6285**

PSC994080136170021

Provisional

Pernas Cao, Susana

***9560**

PSC994080227001077

Provisional

Rodríguez Carro, María Jesús

***9637**

PSC994080115570144

Provisional

Rey Vázquez, Fátima

***0798**

PSC994080115190010

Provisional

Seijas Fernández, María Olguita

***8535**

PSC994080227001047

Provisional

Vence García, Begoña

***9030**

PSC994080227001051

Provisional

Verdes Fernández, Ana María

***2894**

PSC994080227001079

Provisional

Vilaboa Gandoy, María Carmen

***1429**

PSC994080227001053

Provisional