Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 27 de xuño de 2022 Páx. 36724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle do polígono Coruxo I (FG número 676).

Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de maio de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para definir as rasantes do polígono Coruxo-1, Oleiros (documento RE nº 2021017221, do 18 de outubro de 2021), presentado por Flogram Properties, S.L.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 31 de maio de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente