Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 27 de xuño de 2022 Páx. 36725

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posto que se descoñecen os titulares dos bens que se relacionan a seguir e que resulta imposible establecer comunicación con eles, os responsables son informados da súa obriga legal de xestionar a biomasa e de retirar as especies arbóreas prohibidas nas parcelas descritas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Nº de expediente

Titular

Referencia catastral

Lugar

Parroquia

2766/2022

En investigación

36039A023007710000DB

Penedos-A Insua

Atios

En consecuencia, comunícaselles ás persoas que resulten responsables conforme o artigo 21.ter da devandita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a súa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas, e concédeselles un prazo de quince (15) días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación, co apercibimento e a advertencia de que:

1º. En caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o referido prazo, este concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas, retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da devandita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

2º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados, de ser o caso, os traballos. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa. Así mesmo, poderanse comisar as especies arbóreas prohibidas retiradas por esta Administración.

3º. En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

4º.a) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves).

b) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1 000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

O Porriño, 3 de xuño de 2022

Manuel Alejandro Alonso Lorenzo
Alcalde