Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37111

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 17 de xuño de 2022, das axudas convocadas na Orde do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

No Diario Oficial de Galicia número 42, do 2 de marzo de 2022, publícase a Orde do 15 de febreiro pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento BS403C).

De conformidade co artigo 17 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, que resolverá por delegación da persoa titular da consellería con competencias en materia de Política Social.

Así mesmo, o artigo 18 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 17 xuño de 2022, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025 que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 17 de xuño de 2022 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 17 de xuño de 2022 ditada no procedemento BS403C
de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante
os anos 2022, 2023, 2024 e 2025

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación, de conformidade co disposto no artigo 14.1 da Orde do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025.

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I ás axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo ás aplicacións orzamentarias 13.02.312B.470.0 e 13.02.312B.770.0.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 15 de febreiro de 2022.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da orde de convocatoria.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da Orde do 15 de febreiro de 2022.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 2 meses, ampliable a tres no caso de cooperativas de traballo asociado, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para achegar a documentación prevista nos apartados m) a p) do artigo 11.1, no caso de que non fose achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 15 de febreiro de 2022.

Segundo. Dar por desistidas e desestimar as solicitudes das persoas relacionadas no anexo II polas causas que se detallan.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 17 da Orde do 15.2.2022; DOG núm. 42, do 2 de marzo). Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Nome da Casa Niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe
investimento (€)

Importe prima anos 2022, 2023, 2024 e 2025 (€)

BS403C/2022-1

Cristina Martínez López

***1571**

Raíces e Brotes

Pontedeva

Ourense

67,50

15.000,00

71.866,66

BS403C/2022-3

Johanna López Colón

***3854**

Cabianca

O Incio

Lugo

107,50

14.998,44

71.866,66

BS403C/2022-5

María del Pilar de Valcárcel Sánchez

***1606**

Folgoso do Courel

Folgoso do Courel

Lugo

110,00

11.999,01

71.866,66

BS403C/2022-6

Caixatitiripaca S. Coop. Galega

***5669**

Raíces

Monfero

A Coruña

97,50

15.000,00

71.866,66

BS403C/2022-10

Eva Rodríguez Rodríguez

***8822**

A Brétema do Miño

Portomarín

Lugo

97,50

15.000,00

71.866,66

BS403C/2022-11

Andrea Mª Vázquez Rodríguez

***1107**

Axóuxere

Santiso

A Coruña

97,50

10.500,00

71.866,66

BS403C/2022-12

Sandra Rubio Capón

***3630**

PapoRubio

Láncara

Lugo

95,00

15.000,00

71.866,66

BS403C/2022-13

Tamara Alonso Otero

***4130**

Recuncho Máxico

Verea

Ourense

102,50

15.000,00

71.866,66

ANEXO II

Solicitudes desistidas e desestimadas

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Concello

Provincia

Causa

BS403C/2022-2

Nerea Vieira Alonso

***6799**

Pontedeva

Ourense

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 2 de maio de 2022 (DOG nº 94, do 16 de maio)

BS403C/2022-4

Ana Pena Zapata

***5568**

Monfero

A Coruña

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 2 de maio de 2022 (DOG nº 94, do 16 de maio)

BS403C/2022-7

Uxía Vázquez Rodríguez

***6040**

Melón

Ourense

Polo incumprimento do artigo 1 da convocatoria

BS403C/2022-8

Ilda Mª Fernández Álvarez

***3095**

San Amaro

Ourense

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 2 de maio de 2022 (DOG nº 94, do 16 de maio)

BS403C/2022-9

Yaiza González Fariña

***9546**

Santiso

A Coruña

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 2 de maio de 2022 (DOG nº 94, do 16 de maio)