Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de xuño de 2022 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do Proxecto de interese autonómico do parque empresarial de Pontecesures (Pontevedra).

De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, a aprobación inicial do Proxecto de interese autonómico do parque empresarial de Pontecesures (Pontevedra).

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a dita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e na páxina web do IGVS (https://igvs.xunta.gal/areas/solo-empresarial/plans-e-proxectos-de-parques-empresariais) e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo