Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de xuño de 2022 polo que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/171/2020.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 21 de abril de 2022, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo de núcleo rural, consistentes na rehabilitación dunha edificación tradicional no lugar da Corredoira, nº 15, no termo municipal de Cariño, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 76401944S, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se eenncontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística