Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37371

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 13 de maio de 2022.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 13 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia nº 100, do 25 de maio), de conformidade co establecido no artigo quinto da citada orde,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 13 de maio de 2022, unha vez vistos os informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros de profesorado dos centros integrados, tal e como establece o punto 2 do artigo quinto da citada orde.

Segundo. No uso das atribucións conferidas polo punto 4 do artigo 5 da dita orde, nomear directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia os candidatos relacionados no anexo desta resolución.

Terceiro. O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xullo de 2022, incluído.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

José Luis Mira Lema
Director xeral de Formación Profesional

ANEXO

Provincia

Concello

Código centro

Centro integrado de formación profesional

Apelidos e nome

DNI

A Coruña

Culleredo

15005749

CIFP Universidade Laboral

Baamonde Couto, Ricardo

****810**

A Coruña

Ferrol

15021469

CIFP Leixa

Roel Ares, Ana María

****030**

A Coruña

Pontedeume

15025682

CIFP Fraga do Eume

Insua López, Fátima María

****001**

Ourense

Ourense

32015050

CIFP A Farixa

Paredes González, José Manuel

****223**

Pontevedra

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

Iglesias García, Iván

****917**