Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO do cambio de uso de terreo dotacional sito na rúa Deportes.

O Pleno da Corporación, por maioría absoluta do número legal de membros, en sesión extraordinaria realizada con data do 20 de abril de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso da parcela sita na rúa Deportes, conforme o cadro seguinte:

Ref. catastral:

6844302NJ7364S0001ZF

Superficie da parcela:

1.476 m² (datos catastrais)

Situación:

Rúa Deportes

PXOM

Proposta

Uso principal:

Equipamento socio-cultural

Equipamento sanitario-asistencial

Usos complementarios:

Equipamento sociocultural

Segundo. Que se rectifique o inventario de bens da Corporación Local para os efectos de recoller este cambio de uso.

Terceiro. Publicar anuncio do acordo do cambio de uso da parcela no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Comunicar o acordo de cambio de uso á consellería competente en materia de urbanismo para os efectos da inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Quinto. Comunicar ao catastro así como ao rexistro da propiedade as modificacións efectuadas.

Cedeira, 28 de abril de 2022

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde