Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI).

Como complemento dos acordos plenarios do 30.12.2020, 27.5.2021 e 30.12.2021 (publicados no DOG nº 32, do 16.2.2022), o Pleno da Corporación, en sesión do 26.5.2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. De conformidade co informe do Servizo Municipal de Arquitectura do 19.4.2022 no cal pon de manifesto a emenda das deficiencias sinaladas polo Servizo de Urbanismo (Xefatura Territorial de Lugo) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, aprobar, en cumprimento do establecido na disposición transitoria primeira das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, aprobadas pola Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 10 de outubro de 2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro), a adaptación a elas do estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 (praza Maior, nº 4 e 5) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado pola mercantil Ninpe 2012, S.L., representada por Juan Carlos Penín Villar, e redactado polo arquitecto Gerardo García-Boente Carro, aprobado definitivamente polo Acordo Plenario do 30.12.2020.

Segundo. Proceder á publicación deste acordo no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle a disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, ao cal fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme ao establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados e indicarlles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da notificación deste acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 8 de xuño de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Álvaro Santos Ramos
Tenente de alcaldesa delegado da Área de Sostibilidade Urbana