Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial de alta de parcela en inventario municipal.

O Pleno da Corporación municipal na sesión ordinaria con data do 25 de maio de 2022, acordou o que a seguir se transcribe:

1. Aprobar inicialmente a inscrición no inventario municipal da parcela polígono 15 parcela 254, parcela de equipamento sociocultural da parroquia de Mosende.

2. Someter o expediente a exposición pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos no concello.

O Porriño, 1 de xuño de 2022

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde