Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37436

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa para a execución do novo polígono industrial.

De conformidade co disposto no artigo 118.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público que por acordo do Pleno da Corporación Municipal adoptado en sesión do 30 de maio de 2022, aprobouse inicialmente o expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta por razón de urbanismo para a execución do novo polígono industrial de Ribeira, e o proxecto de expropiación redactado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira en maio de 2022 e asinado dixitalmente o 16 de maio de 2022, presentado no rexistro xeral do Concello de Ribeira co rexistro de entrada número 202200009341.

Así mesmo, en cumprimento do disposto na lexislación vixente e consonte ao dito acordo municipal, procédese a someter o referido proxecto de expropiación a información pública por prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Parcela

Afección

Referencia catastral

Titular

Superficie total (m²)

Superficie incluída (m²)

1

Total

15074A838000950000ZS

Petrogás Barbanza, S.L.

29.082

29.082

2

Total

15074A838000960000ZZ

Encarnación Olveira Santos

14.087

14.087

3

Total

15074A838000980000ZH

Manuela Barreras Puentes

35.734

35.734

4

Total

15074A838001000000ZW

Mª del Rosario Laranga Santos

10.797

10.797

5

Total

15074A838005690000ZJ

Josefa del Rosario Laranga Santos

13.784

13.784

6

Total

15074A838006400000ZZ

Encarnación Teresa Laranga Santos

15.617

15.617

7

Total

15074A838006390000ZH

José Andrés Rivas Martínez e Josefa Martínez Pérez

15.043

15.043

8

Total

15074A838001020000ZB

Ramona Rivas Sieira

8.129

8.129

9

Total

15074A838001030000ZY

Ramona Rivas Sieira

6.440

6.440

10

Total

15074A838005730000ZE

Encarnación Teresa Laranga Santos

4.425

4.425

11

Total

15074A838005720000ZJ

Josefa del Rosario Laranga Santos

5.232

5.232

12

Total

15074A838001010000ZA

Mª del Rosario Laranga Santos

3.158

3.158

13

Parcial

15074A838000990000ZW

Manuela Barreras Puentes

74.082

20.476

14

Total

15074A838000970000ZU

Encarnación Olveira Santos

11.027

11.027

15

Total

15074A838005590000ZM

Herdeiros de Carmen Canibe González

17.232

17.232

16

Total

15074A838005580000ZF

Juan Bautista Martínez Canibe

13.448

13.448

17

Total

15074A838005640000ZK

Gumersindo Seráns Mariña

31.318

31.318

18

Parcial

15074A838005650000ZR

Luis Escurís Batalla, S.L.

16.096

39

19

Parcial

15074A034002110000KK

Mª Dolores Fernández Brión, Lucía Antonia Fernández Brión e Vicente Fernández Brión

15.592

639

20

Parcial

15074A037001920000KB

José Manuel Fernández Fernández

5.804

142

21

Parcial

15074A037001910000KA

Petrogás Barbanza, S.L.

4.415

46

Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Servizo de Urbanismo deste concello, sito na praza do Concello, nº 1, 2º andar, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, así como na páxina web do Concello (www.ribeira.gal), na epígrafe portal transparencias, exposicións públicas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se poida efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

O que se fai público aos efectos indicados, informando que contra o dito acordo municipal, en canto mero acto de trámite que non por fin á vía administrativa, non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do dereito á formulación das alegacións que se consideren pertinentes.

Ribeira, 8 de xuño de 2022

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde