Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de titulares imposibles de notificar e descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

Referencia número 2022/0085.

Logo de ter coñecemento neste concello de que a parcela con referencia catastral 32075A020000170000EF, sita no lugar de Casanovoa, parroquia de Grixoa (Santa María), ten árbores que incumpren a vixente normativa en materia de prevención de incendios, dado que non se lle dá cumprimento ao disposto no artigo 21 da Ley 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a as súas posteriores modificacións, no referente á obriga das persoas responsables de xestionar a biomasa vexetal cos criterios recollidos na lei e en canto á existencia de especies arbóreas non permitidas na faixa de protección.

Ao abeiro das competencias que me outorga a lexislación de aplicación,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o oportuno expediente por imposibilidade de notificación a Julio Garriga Rodríguez e Silvia Garriga Rodríguez, titulares da parcela con referencia catastral 32075A020000170000EF, segundo a información solicitada para o efecto, para que no prazo de quince días, desde que se notifique o contido desta resolución, se xestione a biomasa da parcela na franxa de 50 metros perimetrais ás edificacións máis próximas. Así mesmo, deberá retirar todas aquelas especies das recollidas na disposición adicional terceira da citada lei (piñeiro, eucalipto, mimosa…) que se atopen neses 50 metros.

Segundo. Publicar este anuncio por imposibilidade de notificación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cuxo prazo se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Terceiro. En caso contrario, e segundo o disposto no artigo 53.bis, engadido pola Ley 7/2012, de montes de Galicia, na súa modificación da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais, logo dos trámites oportunos, procederase por parte deste concello á imposición de multas coercitivas reiterables e, de ser o caso, á execución subsidiaria, cuxos custos serán repercutidos aos infractores. Todo isto sen prexuízo da remisión do expediente á Consellería do Medio Rural para a apertura do correspondente expediente sancionador.

Cuarto. Comunicarlles aos titulares que dispoñen dun prazo de 10 días, desde a recepción desta resolución, para alegar por escrito o que consideren pertinente en relación co asunto.

Así se dispón para os únicos efectos de dar fe pública e recoñecemento de sinatura.

San Amaro, 7 de xuño de 2022

Fernando Rodríguez Redondo
Alcalde