Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37618

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Pola Resolución conxunta do 21 de marzo de 2022 (DOG núm. 79, do 26 de abril) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede á súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar gañador da categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto Unha rúa chea de publicidade, realizado polo CEIP A Rúa.

Segundo. Declarar deserta a categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria).

Terceiro. Declarar gañador do premio na categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto RE-ÉTIKA: publicidade inclusiva, publicidade para a sostibilidade, realizado polo IES Luis Seoane.

Cuarto. Declarar deserta a categoría D (alumnado de educación especial).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo
e da Competencia