Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37627

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2022, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico,

ACORDOU:

Primeiro. Ao non ter recibido ningunha alegación, elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas mediante a Resolución do 19 de maio de 2022 (DOG núm. 102, do 30 de maio).

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución da convocatoria, publicar como anexo á presente resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propor o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra o presente acordo da comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión

ANEXO

Persoas aptas no procedemento

Categoría I-31

Titulado/a superior de formación ocupacional

Apelidos, nome

NIF

Cualificación

Parra Contreras, Santiago

***5468**

Apto