Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37629

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril) e do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2022, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril) e do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao non ter recibido ningunha alegación, elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas mediante a Resolución do 19 de maio de 2022 (DOG núm. 102, do 30 de maio).

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución da convocatoria, publicar como anexo á presente resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propor o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra o presente acordo da comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión

ANEXO

Persoas aptas no procedemento

Categoría III-14

Xefe/a de cociña

Nome

NIF

Cualificación

Viso Rubín, María Carmen

***6130**

Apto

Categoría III-69

Oficial/a de servizos técnicos, Oficial/a 1ª mantemento, Oficial/a 1ª de oficios varios, Oficial/a 1ª

Nome

NIF

Cualificación

Calvo Fernández, Manuel

***6709**

Apto

Categoría III-100

Xefe/a de brigada

Nome

NIF

Cualificación

Vidal Rodríguez, Juan José

***9536**

Apto