Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Pedra Longa, situado nos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/32).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Pedra Longa Eólica, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Pedra Longa.

Concellos afectados: A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 16,8 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.

Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 51.139 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 11.304.248 €.

Localización:

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y(ETRS89)

1

548.600,00

4.719.200,00

2

549.900,00

4.719.200,00

3

549.900,00

4.717.500,00

4

550.900,00

4.715.600,00

5

550.900,00

4.714.100,00

6

549.900,00

4.714.100,00

7

549.900,00

4.715.600,00

8

548.600,00

4.716.800,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y

(ETRS89)

Modelo

Potencia máquina (MW)

Altura
de buxa (m)

Diámetro
do rotor (m)

Concello

AG1

549.221,00

4.718.809,00

V150-5,6 MW

105,00

150,00

A Estrada

AG2

549.368,00

4.718.273,00

V150-5,6 MW

105,00

150,00

A Estrada

AG3

549.430,00

4.717.797,00

V150-5,6 MW

105,00

150,00

A Estrada

Coordenadas centro de seccionamento e medida (CSM):

Centro de seccionamento
e medida

UTM-X
(ETRS89)

UTM-Y

(ETRS89)

Concello

Coordenadas centro xeométrico

549.309,00

4.718.214,00

A Estrada

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 3 aeroxeradores tripá de 5,6 MW de potencia nominal unitaria, 150 m de diámetro de rotor e altura de buxa de 105 metros, modelo Vestas V-150, ou similar, xunto cos seus correspondentes centros de transformación con potencia unitaria de 7.000 kVA, grupo de conexión Dyn5 e tensión 0,720/30 kV, sito no seu interior.

– 3 circuítos de 30 kV de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores ata o centro de seccionamento e medida (CSM):

• Circuíto 1: desde AG1 ata CSM, lonxitude 904 m, tipo de condutor RHZ1 18/30 kV de 240 mm2.

• Circuíto 2: desde AG2 ata CSM, lonxitude 92 m, tipo de condutor RHZ1 18/30 kV de 240 mm2.

• Circuíto 3: desde AG3 ata CSM, lonxitude 606 m, tipo de condutor RHZ1 18/30 kV de 240 mm2.

– Centro de seccionamento e medida (CSM) cuxos principais elementos son:

• Celas de media tensión 30 kV para medida, seccionamento e protección de liñas de entrada/saída de circuítos.

• Celas de media con transformador de intensidade e tensión.

• Celas de servizos auxiliares.

• Armarios de contadores para medida.

• Armario rectificador-cargador. Tensión de 220 V AC e 48 V DC.

• Armarios de servizos auxiliares.

• Cadro de control.

• Rack de comunicacións.

• Sistema de posta á terra en anel conectada coa posta á terra de enlace do parque eólico.

– Unha liña soterrada de 30 kV, de 4.509 m, tipo de condutor RHZ1 18/30 kV de 630 mm2, que discorre entre o CS ata a subestación colectora As Penizas 132/30 kV, que compartirá con outros parques e que non é obxecto deste expediente.

A rede de cables do parque eólico estará composta polo tendido de media tensión, baixa tensión e comunicacións; realizarase mediante condución en gabias cunha lonxitude aproximada de 5.915 m.

Terase tamén un condutor de cobre nu e sección 50 mm2 no fondo das gabias para a rede de posta á terra.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias dos concellos da Estrada (praza do Concello, s/n, 36680 A Estrada), Forcarei (praza da Igrexa, nº 1, 36550 Forcarei) e Cerdedo-Cotobade (sede municipal de Carballedo, Chan, nº 11, 36856 Carballedo ou sede municipal de Cerdedo, praza do Concello, nº 1, 36130 Cerdedo).

Pontevedra, 16 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra