Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38098

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Corrección de erros. Resolución do 21 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Advertido erro na corrección de erros da resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 2, do 4 de xaneiro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 229, respecto da base II.1.1.3, terceiro exercicio, onde di:

«Estarán exentas de realizar a primeira proba deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuían un nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia. As titulacións equivalentes figuran como anexo IV a esta convocatoria; debe dicir: «Estarán exentas de realizar a primeira proba deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuían un nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B1, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia. As titulacións equivalentes figuran como anexo IV a esta convocatoria».