Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38099

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 29 de xuño de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, este tribunal estableceu, o 14 de xuño de 2022, os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, en que se establece que o superarán as persoas aspirantes que acaden un mínimo de setenta e dúas (72) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Asignarase a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan a nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Sen ter recibido ningunha reclamación das previstas na base II.1.2.7 da convocatoria, realizouse a corrección na sesión do 29 de xuño de 2022. Superaron a puntuación mínima requirida os seis aspirantes presentados.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estaren en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Aitor Guisasola Yeregui
Presidente do tribunal