Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, de persoal funcionario de carreira para a cobertura dunha praza de técnico/a de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público 2022.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos aos cales debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que, polo Decreto 375/2022, do 1 de xuño, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, para a cobertura da seguinte praza:

Denominación: técnico/a de Administración xeral.

Número: 1.

Escala: Administración xeral.

Subescala: técnica.

Grupo: A.

Subgrupo: A1.

Clase: reservado a persoal funcionario.

Boletín de publicación das bases: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 108, do 8 de xuño de 2022.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Padrón, 10 de xuño de 2022

Antonio Fernández Angueira
Alcalde