Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público 2021 (expediente 2573/2020).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Caldas de Reis, en sesión do 26 de maio de 2022, aprobou a oferta de emprego público do ano 2021, coa seguinte relación:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2021, que contén as seguintes prazas:

Praza

Código da praza RPT

Sistema de acceso

Vínculo da praza

2

Policía local

04.00.00.04 e 04.00.00.03

Acceso libre

Funcionario/a

1

Xefe/a de servizos de obras

06.01.00.01

Promoción interna

Laboral

1

Albanel responsable operativo

06.01.00.03

Promoción interna

Laboral

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contado desde a súa data de publicación.

Contra o acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente recurso potestativo de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de interpor recurso de reposición, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será igualmente de dous meses contado desde a notificación da resolución desestimatoria do recurso de reposición, se for expresa, ou desde a súa desestimación tácita, que se producirá no prazo de seis meses se non se resolve o recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo de que se interpoña calquera outro que considere procedente.

Caldas de Reis, 10 de xuño de 2022

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente