Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38465

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022 (referencia CL2022J).

No Boletín Oficial da provincia núm. 111, do 10 de xuño de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022:

1. Nove prazas de administrativo/a de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1 (ofertadas, cinco no ano 2020, dúas no ano 2021 e dúas no ano 2022).

2. Unha praza de enxeñeiro/a de camiños, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, e integrada no grupo A1 (ofertada no ano 2020).

3. Unha praza de programador/a web, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e integrada no grupo C1 (ofertada no ano 2021).

4. Un posto de traballo de mestre/a de modelaxe a tempo parcial, clasificado no grupo A2, por oposición libre (ofertada no ano 2019).

5. Un posto de traballo de técnico/a de mantemento, clasificado no grupo A2, por oposición libre (ofertada no ano 2021).

6. Un posto de traballo de subalterno/a de oficios varios, clasificado no grupo E, por oposición libre (ofertada no ano 2019), reservada a persoas con discapacidade intelectual.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía,
Facenda e ORAL