Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38186

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 17 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para os anos 2022-2023 e convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR)-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

Exposición de motivos

Na actualidade, unha das principais causas de morte non natural da avifauna é a colisión ou electrocución coas liñas eléctricas. Moitas especies de aves son afectadas tanto polas estruturas de soporte (apoios) como polos condutores das liñas de alta tensión, e é unha causa potencial de mortalidade para elas.

Mediante a aprobación do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión, preténdese minimizar os efectos negativos das liñas eléctricas existentes sobre as diferentes especies de aves presentes no espazo natural.

Nos artigos 6 e 7 do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, establécense, respectivamente, as medidas de prevención contra a electrocución e as medidas de prevención contra ás colisións. Medidas técnicas que deberán cumprir, segundo o artigo 3.1, as liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos situadas en zonas de protección que sexan de nova construción e que non conten con proxecto de execución aprobado a entrada en vigor deste real decreto, así como as ampliacións ou modificacións de liñas eléctricas de alta tensión existentes. Así mesmo, segundo o artigo 3.2 o dito real decreto tamen se aplica ás liñas eléctricas aéreas de alta tensión con condutores espidos existentes á súa entrada en vigor, situadas en zonas de protección, e son obrigatorias as medidas de protección contra a electrocución e voluntarias as medidas de protección contra a colisión.

No artigo 4.2, o Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, establece que cada comunidade autónoma publicará no seu correspondente diario oficial as zonas de protección de avifauna existentes no seu territorio.

Como consecuencia, publícase a Resolución do 28 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se delimitan as áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia en que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

Posteriormente, actualízase a anterior resolución mediante a Resolución do 18 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia en que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión. E é de novo actualizada pola Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Ademais, segundo tamén establece o Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, publícase a Resolución do 15 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se determinan as liñas eléctricas aéreas de alta tensión que non se axustan ás prescricións técnicas establecidas no Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión. Tras a ampliación de zonas de protección indicada na Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais procede a actualizar a listaxe de liñas eléctricas que non se axustan ás devanditas prescricións técnicas.

Doutra banda, a pandemia provocada pola COVID-19 supuxo unha crise económica, social e sanitaria sen precedentes. A magnitude do desafío exixiu unha resposta común a escala europea. Como resposta a medio prazo implantouse un fondo de recuperación para contribuír ao proceso de reconstrución das economías no mundo pos-COVID-19, a partir de 2021.

No contexto do novo Fondo de recuperación NextGenerationEU aprobouse, o 7 de outubro de 2020, o marco xeral do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR, en diante), regulado polo Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes para a modernización da Administración pública.

A Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, na súa reunión do 14 de abril de 2021, aproba os criterios obxectivos de repatición e da distribución territorial de créditos relativos á aplicación do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, para a modificación de tendidos eléctricos causantes de electrocución a especies de avifauna ameazada e asigna un crédito de 982.544,59 € á Comunidade Autónoma de Galicia.

As bases reguladoras para o financiamento de actuacións con cargo ao PRTR sinalan que as comunidades autónomas deberán financiar as ditas actuacións a través da convocatoria de axudas baixo a modalidade de concorrencia competitiva, rexéndose polo establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Segundo a disposición adicional única do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, para lograr o cumprimento dos fins perseguidos por este real decreto, o Goberno, a través do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, habilitará os mecanismos e presupostos necesarios para acometer o financiamento total das adaptacións previstas na disposición transitoria única, número 2, nun prazo non superior aos cinco anos desde a entrada en vigor deste Real decreto. A execución das adaptacións en ningún caso superará os dous anos desde a aprobación do financiamento correspondente.

Tamén lle será de aplicación o réxime xeral das axudas e subvencións da nosa comunidade autónoma, establecido nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, modificada en última instancia pola Lei 13/2015, do 24 de decembro. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre as exixencias da citada normativa.

De acordo co anteriormente exposto, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia:

DISPOÑO:

Obxecto

1. O obxecto desta orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación é o de establecer as bases reguladoras, que se xuntan no anexo I, para a concesión das axudas con base no «Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, do 14 de abril de 2021, polo que se aproban os créditos de repartición e da distribución territorial de créditos relativos á aplicación do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, para a modificación de tendidos eléctricos causantes de electrocución a especies de avifauna ameazada».

2. O código do procedemento da presente orde é IN407E.

3. Así mesmo, por medio desta orde, convócanse as devanditas axudas para o ano 2022.

Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes e da documentación

1. Para poder ser entidade beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo de formulario normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, dirixirase á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo correspondente das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación no DOG (Diario Oficial de Galicia) desta convocatoria.

6. Consonte o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos sinalados, requirirase a persoa interesada para que nun prazo máximo e improrrogable de 10 días emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de duración do procedemento da concesión

O prazo máximo para resolver será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación no DOG (Diario Oficial de Galicia) desta convocatoria, de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Consonte o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se dite a resolución expresa, os/as solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude nos termos previstos no artigo 25.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, de acordo co disposto no artigo 42.1 do mencionado texto legal.

Financiamento e distribución do crédito

1. O financiamento provén integramente da Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia para as actuacións de «Corrección de tendidos eléctricos para evitar danos na avifauna (conservación da biodiversidade terrestre e mariña), en aplicación do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión» con cargo ao Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), dentro do compoñente C.4 «Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade».

2. Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.733A.770.0, do código de proxecto 2022/00019 do orzamento da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por un importe de 982.544,59 euros, coa seguinte distribución por anualidade:

Aplicación orzamentaria

Convocatoria 2022

Convocatoria 2023

Total

06.02.733A.770.0

500.000,00 €

482.544,59 €

982.544,59 €

Réxime e principios de aplicación

1. As axudas previstas nesta orde outorgaranse de conformidade cos criterios de publicidade, concorrencia competitiva, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, atendendo a criterios de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e á eficiencia na asignación e emprego dos recursos públicos, segundo se establece no artigo 19 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, o texto da orde e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

3. Conforme o anterior e o recollido no artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, esta orde será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://ceei.xunta.gal/portada).

Ámbito territorial

As axudas desta convocatoria aplicaranse a actuacións que se desenvolvan nas zonas de protección establecidas pola Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nas cales serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN407E, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Paxina web oficial da Consellería: http://ceei.xunta.gal

b) O enderezo de correo electrónico: subdireccion.enerxia@xunta.gal

c) Presencialmente: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. O obxecto desta orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación é o de establecer as bases reguladoras para os anos 2022-2023, para a concesión das axudas con base no «Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, do 14 de abril de 2021, polo que se aproban os créditos de repartición e da distribución territorial de créditos relativos á aplicación do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, para a modificación de tendidos eléctricos causantes de electrocución a especies de avifauna ameazada».

2. O procedemento de concesión será de concorrencia competitiva realizando unha comparativa entre as solicitudes e establecendo unha prelación entre estas segundo a suma das puntuacións dos criterios de avaliación establecidos no artigo 9 das presentes bases reguladoras

Artigo 2. Entidades beneficiarias e requisitos

1. Poderán ter condición de beneficiarias calquera entidade, pública ou privada, que teña a titularidade dalgunha ou varias liñas eléctricas existentes de alta tensión con condutores espidos localizadas total ou parcialmente nas zonas de protección de avifauna establecidas pola Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nas cales serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

2. As entidades definidas no parágrafo anterior, para obter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde, deberán cumprir os seguintes requirimentos:

a. Non incumprir calquera dos condicionantes establecidos pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario.

b. Enconrarse ao día no cumprimento das obrigacións tributarias co Estado, coa Seguridade Social e con Facenda.

c. Dispor dos medios e capacidades para levar a cabo as actividades obxecto das axudas coas garantías técnicas para unha correcta adaptación das liñas eléctricas.

d. As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación necesaria para a posterior valoración nos prazos e forma establecidos.

3. En todo caso deberán establecerse mecanismos que aseguren que as medidas que desenvolvan os beneficiarios finais contribúen ao logro dos obxectivos e condicións previstas (incluído o respecto ao principio DNSH, etiquetaxe verde e etiquetaxe dixital) e que achegan a información que, de ser o caso, sexa necesaria para determinar o valor dos indicadores. O financiamento a terceiros debe vincularse ao logro dos obxectivos que se perseguen.

4. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades que incorran nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 3. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Son obrigas das beneficiarias as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais condicións e obrigas establecidas nesta resolución e todas as que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

2. As beneficiarias deberán, á súa vez, cumprir coas seguintes obrigas:

a. Asumir as responsabilidades que poderían derivarse da realización do proxecto ou actividade.

b. Dispor das autorizacións ou licenzas administrativas correspondentes no caso de que sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade obxecto de axuda.

c. Ser a única responsable xurídica e financeira da execución do proxecto ou actividade obxecto da axuda.

d. Manter un sistema de contabilidade separado e específico en relación con estas subvencións, ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables que permita o seguimento dos gastos financiados a través destas subvencións, sen prexuízo das normas de contabilidade de obrigado cumprimento.

e. Cumprir coa normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

f. Cumprir co principio de «non causar dano significativo» (principio «Do Not Significant Harm» - DNSH) e a etiquetaxe verde e dixital, de acordo co previsto no PRTR, aprobado pola Decisión do Consello de Europa, do 16 de xuño de 2021, e polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases do deseño e execución dos proxectos e de maneira individual para cada actuación.

g. Incluír, sempre que sexa posible, criterios ambientais en todos os procedementos de contratación que puidese convocar a beneficiaria en calquera fase de realización do proxecto obxecto de axuda.

h. Cumprir coa normativa en materia de igualdade e incluír, sempre que sexa posible, criterios para favorecer a igualdade de trato e de oportunidades en todos os procedementos de contratación que puidese convocar a beneficiaria.

i. Cumprir coas obrigas específicas que estableza o PRTR e a súa normativa de aplicación, así como as impostas pola Unión Europea e, en especial, as entidades beneficiarias deberán:

i.1. Recoller, para os efectos de auditoría e control do uso dos fondos e nun formato electrónico que permita realizar procuras para unha base de datos única, as categorías harmonizadas dos datos recollidos no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

i.2. Gardar a rastrexabilidade de cada un dos investimentos e actuacións realizadas, así como a correspondente documentación acreditativa. Someteranse ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión.

i.3. Conservar e custodiar os documentos nas condicións e prazos establecidos no artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo.

i.4. Asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de intereses e o dobre financiamento co obxecto de protexer os intereses financeiros da Unión. Para tal efecto, establecerase un sistema eficaz e eficiente e recuperaranse os importes aboados baixo erro ou empregados de maneira incorrecta, no sentido do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

i.5. Responsabilizarse da fiabilidade e o seguimento da execución das actuacións subvencionadas, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación e dos fitos e obxectivos que se estableceron ao respecto.

i.6. Asumir calquera outra obriga comunitaria e nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

j. Cumprir calquera outra obriga que, se é o caso, poda establecerse na resolución pola que se concede a axuda.

Artigo 4. Actividades subvencionables

1. Serán actividades subvencionables os investimentos para a realización e execución de proxectos que cumpran os seguintes requirimentos:

a. Proxectos de adaptación das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos existentes á entrada en vigor do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, localizadas nas zonas de protección establecidas pola Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia en que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión. Máis concretamente, os proxectos deberán cumprir co recollido no artigo 6 (medidas contra a electrocución) e/ou o artigo 7 (medidas contra as colisións), ademais de conter, como mínimo, o establecido polo artigo 8 (contido dos proxectos) do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto.

b. Só serán actuacións subvencionables as localizadas dentro das zonas de protección establecidas pola resolución citada no punto anterior. As actuacións que se localicen no exterior destas zonas, se prexuízo de que pertenzan á mesma liña eléctrica, non serán obxecto destas axudas.

c. As actuacións previstas nos proxectos para as liñas eléctricas deberán cumprir coa totalidade da normativa vixente.

2. Estas axudas contribúen á consecución dos obxectivos do PRTR no marco do compoñente 4 e investimento 2.

3. Ao abeiro do disposto no artigo 31 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, considéranse gastos subvencionables, para os efectos previstos na citada lei, aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido polas diferentes bases reguladoras das subvencións. En ningún caso, o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Artigo 5. Importe e intensidade das axudas

1. A intensidade da subvención a cada proxecto será do cen por cento (100 %) do gasto realizado, e é 100.000 € (IVA excluído) o valor máximo subvencionable por solicitude. As axudas concederanse por orde decrecente de puntuación segundo os criterios de avaliación definidos polo artigo 9 das presentes bases reguladoras.

2. A contía máxima a que poderá optar unha mesma beneficiaria, sen prexuízo do número de solicitudes que presente, será de 250.000 €, salvo que quede crédito dispoñible. No caso de que a suma orzamentaria de todas as solicitudes presentadas por unha beneficiaria supere os 250.000 €, só se admitirán as solicitudes que obteñan maior puntuación nos criterios de avaliación (artigo 9) ata acadar o dito límite, as restantes serán excluídas.

3. Se para o último proxecto valorado o crédito non acada para subvencionar o 100 % do orzamento da solicitude, asignaráselle a contía dispoñible.

Artigo 6. Conceptos subvencionables

1. Consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, estean relacionados coa actividade obxecto da axuda, sexan necesarios para a súa execución, sexan contraídos durante o período de execución aprobado e se encontren efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación. Os gastos deberán estar suxeitos a prezos de mercado.

2. Os gastos deberán estar a nome da entidade beneficiaria.

3. Con carácter xeral, as actuacións para as que se solicita a axuda poderán estar iniciadas desde o 1 de xaneiro do correspondente ano en curso. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais poderá comprobar este aspecto antes da concesión da axuda mediante a inspección de campo. Non serán admisibles as facturas emitidas con anterioridade á publicación da convocatoria correspondente do ano en curso.

4. Non se consideran gastos subvencionables:

a. Os gastos de adquisición de edificios nin terreos, nin os gastos xerais de funcionamento ou equipamento das persoas solicitantes, senón os propios do desenvolvemento das actividades e actuacións obxecto das axudas.

b. Os gastos xerais de constitución, mantemento, funcionamento ou estrutura permanente ou habitual das entidades beneficiarias das actuacións.

c. O IVE non é subvencionable.

Artigo 7. Subcontratación

1. Para os efectos do disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, permitirase a subcontratación de ata o 100 % da actividade obxecto da subvención.

2. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade obxecto da axuda, non acheguen valor engadido ao contido desta.

3. Cando o gasto subvencionable supere os 40.000 €, no caso de obras, ou 15.000 € no suposto de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, logo da xustificación destas contías, a persoa solicitante deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes persoas que teñan a condición de provedoras, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A elección entre as ofertas presentadas, que se achegaran xunto coa solicitude de axuda (anexo II), realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

4. En cumprimento do artigo 27.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o devandito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a. Que se garanta a aplicación dos principios de publicidade e concorrencia.

b. Que o contrato se subscriba por escrito.

c. Que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais autorice previamente a súa celebración.

5. Os/as subcontratistas quedarán obrigados/as só ante a beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade obxecto da axuda fronte á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

6. As beneficiarias serán responsables de que na execución da actividade obxecto da axuda subcontratada a terceiros se respecten os límites establecidos en canto á natureza e contía dos gastos financiables.

7. En ningún caso a beneficiaria poderá subcontratar a execución parcial das actividades obxecto da axuda con aquelas persoas ou entidades que se encontren nas circunstancias previstas no artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 68.2 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

8. No referente á subcontratación con persoas ou entidades vencelladas prevista no artigo 29.7.d) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, será obrigatorio dispor da autorización expresa previa da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Artigo 8. Indicadores

1. O documento descritivo das actuacións, requisitos e custos do compoñente C4 establece, para a liña de investimento C4.I2 («Conservación da biodiversidade terrestre e mariña»), o obxectivo de acadar a corrección de 20.000 apoios, no conxunto do Estado español, localizados en zonas de protección de avifauna, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto. A Comunidade Autónoma de Galicia ten como obxectivo mínimo acadar a corrección de 328 apoios.

2. Deben de establecerse mecanismos que aseguren que as medidas que desenvolvan polas beneficiarias contribúen ao logro dos obxectivos e condicións previstas, e que achegan a información que, de ser o caso, sexa necesaria para determinar o valor dos indicadores. O financiamento ás beneficiarias estará vencellado ao logro dos obxectivos que se perseguen.

Artigo 9. Criterios de avaliación

Tal e como se indica no artigo 1 das presentes bases reguladoras, as axudas serán concedidas mediante o procedemento de concorrencia competitiva realizando unha comparativa entre as solicitudes e establecendo unha prelación entre estas segundo a suma das puntuacións obtida baixo os seguintes criterios de avaliación:

Criterios de avaliación

Puntos

1. Mortalidade de avifauna acreditada nos últimos 5 anos, segundo se o exemplar pertence a unha especie incluída na lista de especies silvestres en réxime de protección especial (Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro para o desenvolvemento da Lista de especies silvestres en réxime de protección especial y do Catálogo español de especies ameazadas) ou estea incluída nos catálogos español ou galego de especies ameazadas (Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, e Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas):

1.1. Especies incluídas no Catálogo español ou galego de especies ameazadas na categoría de «En perigo de extinción».

25 puntos por exemplar

1.2. Especies incluídas no Catálogo español ou galego de especies ameazadas na categoría de «Vulnerable».

20 puntos por exemplar

1.3. Especies incluídas na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial.

15 puntos por exemplar

Nota: no caso de pertencer a varias das categorías, unicamente computarase a puntuación máis alta.

2. Tramo da liña eléctrica obxecto da axuda en función da figura de protección para a avifauna na cal estea localizada:

2.1. Zonas de especial protección para aves (ZEPA).

20 puntos

2.2. Áreas de presenza e prioritarias de conservación dos plans de recuperación e conservación aprobados pola Comunidade Autónoma de Galicia para as especies de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas.

5 puntos

2.3. Áreas prioritarias de reprodución, alimentación, dispersión e concentración local daquelas especies de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, cando as ditas áreas non se encontren xa comprendidas nas correspondentes aos tipos anteriores.

10 puntos

Nota: no caso de pertencer a varias das categorías, unicamente computarase a puntuación máis alta.

3. Cociente entre o investimento e o número de apoios adaptados conforme o Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto. Considerando que as actuacións que non se localicen exactamente nun apoio, como por exemplo a instalación de elementos salvapaxaros, pertencen ao apoio máis próximo, para os efectos de contabilizar o seu investimento:

3.1. Investimento/nº apoios menor ou igual a 1.000 €/ud

10 puntos

3.2. Investimento/nº apoios é superior a 1.000 €/ud e menor ou igual de 1.500 €/ud

5 puntos

3.3. Investimento/nº apoios superior a 1.500 €/ud e menor ou igual de 2.000 €/ud

2 puntos

3.4. Investimento/nº apoios superior a 2.000 €/ud

0 puntos

Artigo 10. Baremación e criterios de desempate

1. A igualdade de puntos, prevalecerá o que maior puntuación teña no criterio de avaliación 1. De seguir este empate, prevalecerá o de maior puntuación no criterio de avaliación 2. Se continúa o empate, darase prioridade ao/aos proxecto/s con menor cociente investimento/nº apoios.

2. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a esta convocatoria limitará o número de expedientes e proxectos que se vaian aprobar. Neste sentido, procederase da seguinte maneira: ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios de valoración indicados no artigo anterior e aprobaranse estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible e, se é o caso, aplicando a regra de desempate especificada anteriormente.

Artigo 11. Solicitudes

1. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación no DOG (Diario Oficial de Galicia) da orde da convocatoria correspondente ao ano en curso.

2. As solicitudes de subvención realizaranse cubrindo correctamente o modelo que figura no anexo II, dirixiranse á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e irán acompañadas da documentación administrativa e técnica que se especifica no artigo 12.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación no DOG (Diario Oficial de Galicia) desta convocatoria.

7. Consonte o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos sinalados, requirirase a persoa interesada para que nun prazo máximo e improrrogable de 10 días emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que de, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude modelo do anexo II a seguinte documentación:

1.1. Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito, se procede.

1.2. Memoria técnica descritiva das actuacións obxecto de solicitude para a adaptación e/ou modificación da liña eléctrica correspondente, onde se especifiquen e se describan as medidas que se tomen co obxectivo de dar cumprimento ao Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto. O contido mínimo da memoria será o seguinte:

a. Descrición do trazado con plano a escala mínima 1:10.000 en formato .pdf e dixital (.shp, .dxf ou similar), onde se identifiquen e localicen as liñas e apoios.

b. Planos de localización e detalle, onde se identifiquen a localización das liñas e apoios con respecto ás zonas de protección para a avifauna.

c. Tipos de apoios e armados instalados ou que se instalen.

d. Características dos sistemas de illamento para cada apoio, certificando a súa homologación cando menos para a tensión dos tendidos que vaian ser corrixidos.

e. Descrición das instalacións de seccionamento, transformación e interruptores con corte en intemperie.

f. Características dos dispositivos anticolisións que se instalen e a súa localización, así como as medidas anticolisión e as medidas antinidificación nas liñas.

g. Xustificación técnica, asinada por técnico competente, de que as medidas propostas dan cumprimento ao establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto.

h. Xustificación do cumprimento do principio DNSH.

i. Obxectivos ambientais aos cales contribuirá a actuación, segundo o que establece o Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020 relativo ao establecido do marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que, se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.

j. Orzamento detallado co IVE desagregado.

k. Prazo de execución e calendario, tendo en conta que as actividades subvencionables descritas nas presentes bases reguladoras deben rematar antes do 31 de outubro do correspondente ano en curso.

1.3. Arquivo en formato compatible con SIX (.shp, .dxf ou similar) onde se identifiquen e localicen as liñas e apoios, diferenciando sobre os que se realizarán actuacións dos que non.

1.4. Tres ofertas de diferentes persoas que teñan a condición de provedoras, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, no caso en que o gasto subvencionable supere os 40.000 €, no caso de obras, ou 15.000 € no suposto de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor do mercado.

b. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.

c. En ningún caso poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a contía deste e eludir o cumprimento dos requisitos de contratación e subcontratación establecidos nestas bases.

d. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

e. Non poderán proceder de empresas vencelladas entre elas nin coa solicitante, nos termos establecidos pola lexislación de contratos do sector público.

f. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

g. Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

h. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas características especiais non exista no mercado suficiente número de entidades que o ofrezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

i. Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste artigo.

1.5. De ser o caso, documentación xustificativa que acredite o cumprimento dos criterios de avaliación 1, 2 e 3 das solicitudes establecidos no artigo 9 das presentes bases reguladoras; documentación xustificativa que acredite a mortalidade de avifauna de cada un dos exemplares tidos en conta nos criterios de valoración.

1.6. De ser o caso, acreditación de dispoñer de todas as licenzas e autorizacións necesarias para o exercicio da actividade ou de estar en trámite de conseguilas.

1.7. Anexo III debidamente cuberto (memoria resumo das actuacións).

1.8. De ser o caso, a declaración responsable (anexo VII) en que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da data establecida no artigo 6 da presentes bases reguladoras.

1.9. Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, incluíndo o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH) (anexo VIII), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, en todas as fases de deseño e execución das actuacións.

1.10. Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR (anexo IX).

1.11. No caso de que as beneficiarias desenvolvan actividades económicas, acreditarán a súa inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolvida á data de solicitude da axuda, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

1.12. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.

1.13. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais poderá requirir motivadamente, consonte prevé o artigo 28 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, calquera documentación aclaratoria necesaria en relación coas subvencións que se van outorgar, que considere conveniente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para este efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 13. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a. NIF da entidade solicitante.

b. DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante, de ser o caso.

c. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d. Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

e. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f. Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g. Consulta de concesión de subvencións e axudas.

No caso de que as interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Propiedade intelectual

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida nos traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citando as fontes das persoas titulares dos dereitos de propiedade intelectual e respectando, en todo caso, as prescricións contidas na normativa de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 16. Órganos de instrución e resolución

1. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, como órgano instrutor, comprobará que a operación cumpre coas obrigas establecidas pola normativa da Unión Europea, a lexislación nacional e a autonómica, entre elas a relativa ás axudas e demais normas e requisitos obrigatorios.

2. A asignación das citadas subvencións farase en virtude da baremación realizada pola Comisión de Valoración, que outorgará unha puntuación segundo os criterios establecidos no artigo 9.

3. A Comisión de Valoración estará integrada polos seguintes membros:

a. Presidente/a: persoa titular da Subdirección Xeral de Enerxía.

b. Secretario/a: persoa titular do Servizo de Infraestruturas Enerxéticas.

c. Vocal: persoal técnico do Servizo de Infraestruturas Enerxéticas.

d. Vocal: persoa titular da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas.

4. Así mesmo, asistirá ás reunións o persoal técnico e administrativo que sexa requirido en cada ocasión.

5. En caso de ausencia dalgunha delas, a persoa titular da dirección xeral procederá a nomear unha persoa substituta.

6. Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes.

7. No proceso de instrución darase traslado das solicitudes recibidas á Comisión de Valoración, que elaborará unha proposta de concesión das axudas.

8. A Comisión de Valoración dará traslado das súas propostas de resolución á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a quen corresponderá ditar a resolución do procedemento.

9. A proposta de resolución, conforme os criterios contidos no artigo 9 e as dispoñibilidades orzamentarias, fará mención das solicitantes para as cales se propón a concesión de subvención e da contía desta de modo individualizado, especificando a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

10. Conforme o establecido no artigo 6.4 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR, as persoas que interveñan no proceso de selección das entidades beneficiarias ou nos procesos de verificación do cumprimento das condicións, manifestarán, de forma expresa, a ausencia ou non de conflito de intereses a través dunha declaración de ausencia de conflito de interese (DACI), de acordo co modelo establecido na dita orde.

11. No caso de que concorra conflito de intereses, a persoa afectada concretará as solicitudes sobre as que recae o dito conflito e deberá absterse de intervir na súa selección co fin de mitigar os riscos de materialización deste conflito.

Artigo 17. Resolución

1. O prazo máximo para resolver será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación no DOG (Diario Oficial de Galicia) da orde da convocatoria correspondente ao ano en curso. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Consonte o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se dite a resolución expresa, os/as solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude nos termos previstos no artigo 25.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, de acordo co disposto no artigo 42.1 do mencionado texto legal.

2. As solicitudes de axudas serán resoltas pola persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3. A resolución do procedemento notificarase de forma individual aos/ás adxudicatarios/as. Na notificación indicarase a persoa ou entidade beneficiaria, a cantidade concedida, o prazo de execución e a xustificación, así como a finalidade ou finalidades da subvención e o programa e crédito orzamentario a que se imputen.

4. A resolución ditada, segundo o disposto no punto 1 deste artigo, porá fin á vía administrativa e en contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 116 e 117 da Lei 29/1998, da xurisdición contencioso-administrativa.

5. A Administración velará porque na notificación de concesión da axuda se informe as beneficiarias de que a medida se subvenciona en virtude dos fondos relativos ao compoñente 4 «conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade» do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia, igualmente, das súas responsabilidades de publicidade segundo o establecido no artigo 20 das presentes bases reguladoras.

Artigo 18. Recursos

1. A resolución ditada porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativo conforme dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro; non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso. Transcorrido o devandito prazo, unicamente poderá interporse recurso contencioso-administrativo sen prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a solicitante poderá interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será dun mes. Contra a resolución dun recurso de reposición non poderá interporse de novo o dito recurso.

4. Poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, se a resolución é expresa.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. Deberase dar cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 20. Publicidade

1. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia, con indicación da norma reguladora, beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. A consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, a consecuencia delas, puidesen imporse nos correspondentes servizos públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, transmitirase á BDNS a información requirida por esta, o texto da orde para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

4. As beneficiarias deberán cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida, ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento.

5. As beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de difusión marcadas e mencionar o apoio da Xunta de Galicia e do PRTR, ao estar financiada pola Comisión Europea a través do Instrumento europeo de recuperación «NextGenerationEU», en toda a información, verbal ou escrita, emitida con ocasión da actividade obxecto de subvención, antes, durante e despois da súa finalización, de acordo co artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

6. Deste xeito, a condición de que a execución da actividade o permita, deberá exhibirse un panel de tamaño A3 (297x420 mm), en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais (anexo VI), que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, o logotipo do Xacobeo 21-22 e o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que diga «financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible no link https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

Este panel deberá manterse durante todo o período de mantemento do investimento.

7. Cando a beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 21. Notificación da resolución, aceptación e renuncia

1. As notificacións dos actos administrativos, distintos da resolución de concesión, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. De renunciar á subvención concedida, a entidade beneficiaria, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, deberá notificalo á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais segundo o anexo IV desta orde. Se así non o fixer no prazo indicado, entenderase que acepta a axuda.

7. No caso de renuncias por parte das beneficiarias, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que cumpran cos requisitos para beneficiarse das axudas e que a súa solicitude obtivese puntuación suficiente en aplicación dos criterios de avaliación.

Artigo 22. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

2. Durante a execución das actuacións non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se concedeu a axuda que supoña o incremento do seu importe nin a inclusión de novos elementos ou gastos.

3. Sen necesidade de instar o procedemento de modificación da resolución, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais poderá aceptar variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 15 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

Artigo 23. Compatibilidade das axudas

1. A axuda concedida no marco desta orde poderase sumar á proporcionada con arranxo a outros programas e instrumentos da Unión Europea sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo e, en todo caso, de conformidade co disposto no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

2. Será de aplicación a normativa comunitaria en materia de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

3. A suma de todas as axudas, ingresos ou recursos destinados ao mesmo fin, en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadas ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, superen o custo total da actividade obxecto da axuda.

4. Na solicitude da axuda (anexo II) e de pagamento (anexo V), a beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do seu importe e a súa procedencia.

Artigo 24. Prazo de execución e xustificación da subvención

O prazo máximo para a execución e xustificación das actuacións subvencionables será ata o 31 de outubro do correspondente ano en curso.

Artig 25. Documentación xustificativa e pagamento

1. Unha vez efectuado o investimento, a entidade beneficiaria deberá comunicalo mediante o anexo V á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

2. Os documentos de xustificación deberán presentarse dentro do prazo establecido polo artigo 24 destas bases, momento no que a totalidade das actuacións deberán estar executadas.

3. Para a xustificación do investimento deberase presentar a seguinte documentación:

a. Memoria técnica descritiva das actuacións realizadas, xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, coa descrición das actividades realizadas e dos resultados obtidos, incluíndo a argumentación técnica que xustifique o cumprimento do principio DNSH. Esta memoria deberá identificar a totalidade das actuacións realizadas mediante:

a1. Descrición de todas as actuacións realizadas en cada un dos elementos obxecto de adaptación ao Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto (apoios, condutores, illadores, etc.), en que se detallen claramente os obxectivos: nº de apoios corrixidos.

a2. Fotografías previas e posteriores ás actuacións de cada un dos elementos mencionados no punto anterior.

a3. Esquema que amose as dimensións de todos os elementos obxecto de adaptación. Isto permitirá a comprobación, de ser o caso, de que se garantan as diferentes distancias de seguridade nos apoios, as distancias entre salvapaxaros, etc.

a4. Arquivo dixital (.shp, .dxf ou similar) onde se identifiquen e localicen as liñas e apoios, diferenciando os que foron obxecto dalgunha das adaptacións.

b. Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, en que indicará:

b1. Número da factura e data ou outro documento de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil, contrato, nómina, etc.

b2. Provedor: nome ou razón social e NIF.

b3. Importe da factura (IVE excluído) e porcentaxe de imputación á subvención.

b4. Actuación á que corresponde: descrición dos bens ou servizos proporcionados.

b5. Forma de pagamento.

b6. Data de pagamento.

A listaxe totalizarase para cada unha das actuacións recollidas na correspondente resolución de concesión e incluirá unha comparación deste total coa cantidade recollida, polo mesmo concepto, na resolución de concesión.

c. Documentación xustificativa do pagamento, conforme foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución, mediante a presentación do xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante.

Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o importe da factura e a súa data de pagamento. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo da entidade provedora, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo. No caso de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación destas, asinada polo/pola representante legal.

d. Licenzas e/ou autorizacións para a realización das actuacións subvencionadas exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vencelladas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puidese resultar de aplicación, na solicitude de pagamento final se non foron presentadas previamente.

4. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

5. O órgano instrutor poderá requirir ás beneficiarias a remisión dos xustificantes de gasto con base nas técnicas de mostraxe, comprobándose para estes efectos un mínimo do 20 % dos expedientes. Este mesmo requirimento será aplicable cando das comprobacións realizadas non se consiga evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda.

6. As facturas deberán conter información suficiente como para permitir relacionalas co gasto xustificado. Os xustificantes de gasto presentados deberán especificar a subvención para cuxa xustificación foron presentados e se o importe xustificado se imputa total ou parcialmente a esta e indiarase, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

7. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

8. Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

9. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presente esta, requirirase a beneficiaria para que, no prazo improrrogable de 10 días, sexa presentada. Se transcorrido este último prazo non se recibe documentación, procederase á liquidación do proxecto.

10. No momento da xustificación do investimento, as beneficiarias deberán estar día nas súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá presentar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

11. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais poderá solicitarlle ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes, advertíndolle que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

12. O pagamento da subvención realizarase logo da xustificación por parte da beneficiaria da realización da actividade, da execución do proxecto ou investimento ou da consecución do obxectivo para o que se concedeu, de forma que a súa falta de xustificación ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas na normativa en materia de subvencións determinará a perda do dereito ao cobramento.

13. Cando o investimento ou custo xustificado sexa inferior ao inicialmente previsto, e non supoña unha realización incompleta ou deficiente do proxecto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, sempre que se garantan o cumprimento da finalidade da subvención.

14. O pagamento realizarase logo de verificación por parte da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 26. Información e control

1. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación poderá inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. De tal forma, o órgano instrutor poderá solicitar inspeccións ou visitas nos distintos lugares onde se desenvolven as actividades para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a correcta execución das actividades que foron obxecto das axudas.

2. A beneficiaria comprométese a someterse ás actuacións de control que debe efectuar a entidade concesionaria, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. En todo caso, as subvencións reguladas nesta orde estarán sometidas ao seguimento, control e avaliación que se estableza para o PRTR, así como as obrigas específicas relativas á información e publicidade, control, verificación, seguimento, avaliación e demais obrigas impostas pola normativa interna e da Unión Europea que se establezan para o Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE e cuxa aplicación sexa de obrigado cumprimento.

4. As beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida, xa sexa a documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais poidan exixir durante a tramitación do procedemento, ou a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

5. Con todo, segundo o disposto no artigo 79 do Regulamento da Lei xeral de subvencións, as beneficiarias estarán dispensadas da obriga de presentación de libros, rexistros e documentos de transcendencia contable ou mercantil ou calquera outra documentación xustificativa dos gastos realizados, sen prexuízo da obriga da beneficiaria de conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto podan ser obxecto das correspondentes actuacións de comprobación e control, segundo dispón o artigo 14.1.g) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, así como de calquera outra obriga derivada da normativa estatal ou da Unión Europea que así o exixa.

Neste sentido, é preceptiva a conservación dos documentos xustificativos e demais documentación concernente ao financiamento, en formato electrónico, durante un período de cinco anos a partir do pagamento ou, a falta deste pagamento, da operación, ou de tres anos cando o importe da subvención sexa inferior ou igual a 60.000 euros, nos termos previstos no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Concello, do 12 de febreiro de 2021, e do artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo (Regulamento financeiro).

Artigo 27. Revogación e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como aos xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. Así mesmo, poderase producir a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda por incumprimento relativo ao principio «Do Not Significant Harm» DNSH, da etiquetaxe verde e dixital ou das súas condicións de cumprimento, relativo aos fitos e obxectivos do PRTR, así como de calquera outro aspecto da normativa vencellada ao PRTR.

4. En todos estes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de mora producidos en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, de acordo co artigo 7 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, sen prexuízo das responsabilidades a que houbese lugar.

5. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outras beneficiarias de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

6. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas pola beneficiaria exceda os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade cos xuros de mora correspondentes.

7. En todo caso, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 28. Infraccións e sancións

As beneficiarias das axudas quedarán sometidas ao establecido en materia de reintegros, control financeiro e infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ao previsto polas disposicións nacionais e comunitarias en relación ao Mecanismo de recuperación e resiliencia e normativa de desenvolvemento.

Artigo 29. Medidas antifraude

A detección de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/
periodocomunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea. A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, tal como se establece no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

Coa finalidade de dar cumprimento ás obrigas que o artigo 22 do Regulamento (UE) nº 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, impón a España en relación coa protección dos intereses financeiros da Unión como beneficiaria dos fondos do MRR, as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla como entidades executoras deberán dispor dun «Plan de medidas antifraude» que lles permitan garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, os fondos correspondentes se utilizaron de conformidade coas normas aplicables, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección da fraude, da corrupción e dos conflitos de intereses, segundo o estipulado no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021 do 29 de setembro. Configúranse como actuacións obrigatorias para os órganos xestores, a avaliación de risco de fraude, cubrir a declaración de ausencia de conflito de interese (DACI) e a dispoñibilidade dun procedemento para abordar conflitos de intereses. Así mesmo, o Plan de Medidas Antifraude deberá cumprir cos requirimentos mínimos establecidos no artigo 6.5 da Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, e o recollido no Plan xeral de prevención de riscos de xestión para a execución dos fondos Next Generation en Galicia, do 10 de decembro de 2021, do Consello da Xunta de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file