Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38492

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DECRETO 122/2022, do 30 de xuño, polo que se nomea a Rosario Álvarez Blanco presidenta do Consello da Cultura Galega.

De conformidade co disposto nos artigos 3.1.a) da Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, e 13 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 162/2008, do 10 de xullo, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo de elección efectuada polo Consello da Cultura Galega no pleno extraordinario do día 2 de xuño de 2022, tras a súa comparecencia ante o Parlamento de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xuño de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Nomear a Rosario Álvarez Blanco presidenta do Consello da Cultura Galega.

Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades