Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/04 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, nº 2, Velle (Ourense).

Denominación: regulamentación LMTA SAR804 entre os apoios nº D121-2-1 e D121-2-8 (Sarria).

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas principais:

• Liña de media tensión aérea 20 kV SAR804 (expediente 2448 AT) con orixe no apoio existente D121-2 da LMTA SAR804 e final no apoio existente D121-2-8, cunha lonxitude de 860 metros en condutor novo tipo LA-56 e 129 metros de condutor existente tipo LA-56. Substitúense os apoios D121-2-1, D121-2-5 e D121-2-7 por apoios novos de celosía, elimínase o apoio D121-2-6 e instálase un apoio novo D121-2-7x1 de tipo C-14/1000.

Finalidade da instalación: regulamentación de instalacións.

Orzamento: 12.359,68 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Sarria.

• Separata para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

• Separata para a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, concederlle a autorización administrativa previa e de construción á dita instalación sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. A instalación deberase axustar, na súa execución, ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberase cumprir en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 6 de xuño de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo