Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38731

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 28 de xuño de 2022 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21, convocados pola Orde do 8 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 21 de marzo).

A Orde do 8 de marzo de 2022 (DOG núm. 55, do 21 de marzo) pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21 establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no artigo 6 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 9 de febreiro de 2021, DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21

Nº inscrición

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2218000184

Rañó Romero, Carla

Actividades Físicas e Deportivas

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2244000338

Enes Barbosa, Bárbara Sofía

Administración e Xestión

36011622

CPR Aloia

1.000 €

2207000373

Carril García, Adrián

Agraria

15027733

IES de Arzúa

1.000 €

2224000141

Pereiro Pesado, Sara

Artes Gráficas

36006419

IES Montecelo

1.000 €

2214000061

Cerdeira Rodríguez, Marta

Comercio e Márketing

15026753

IES A Pontepedriña

1.000 €

2290000101

Veiga Mouzo, Irene

Edificación e Obra Civil

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

1.000 €

2287000364

Penido Arca, David

Electricidade e Electrónica

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

1.000 €

2279000310

Peleteiro Álvarez, Rosendo

Fabricación Mecánica

32009116

IES 12 de Outubro

1.000 €

2296000032

Paz Vázquez, María Florencia

Hostalaría e Turismo

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2213000282

Santana Taboada, Javier

Imaxe e Son

32015050

CIFP A Farixa

1.000 €

2259000110

Gómez Mejía, Natalia

Imaxe Persoal

15025645

IES Ricardo Carvalho Calero

1.000 €

2215000328

Castro Cores, Fernando

Industrias Alimentarias

36000481

IES Ramón Cabanillas

1.000 €

2260000221

Corbacho Vieites, Aarón

Informática e Comunicacións

36011853

CPR Daniel Castelao

1.000 €

2259000326

González García, Antonio

Instalación e Mantemento

15026376

IES Punta Candieira

1.000 €

2200000260

Sanjuás Vilar, Nuria

Marítimo-Pesqueira

36011804

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico

1.000 €

2276000055

Gómez Fernández, Lucía

Química

27006531

IES Lucus Augusti

1.000 €

2230000012

Alejos Fernández, Simón

Sanidade

27013958

IES Monte Castelo

1.000 €

2293000106

Salpurido Fernández, Sonia María

Seguridade e Medio Ambiente

36007552

CIFP A Granxa

1.000 €

2230000076

Vilar Abelleira, Rocío

Servizos Socioculturais e á Comunidade

36014489

CIFP A Xunqueira

1.000 €

2226000250

Rodríguez Places, Verónica

Téxtil, Confección e Pel

36013448

CIFP Manuel Antonio

1.000 €

2257000144

Álvarez Amor, Diego

Transporte e Mantemento de Vehículos

27020793

CIFP Porta da Auga

1.000 €