Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38728

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de xuño de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado Fesán, de Santiago de Compostela.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Fesán, de Santiago de Compostela, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Farmacia e Parafarmacia e o ciclo formativo de grao superior (CS) Radioterapia e Dosimetría.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para impartir o CM Farmacia e Parafarmacia e o CS Radioterapia e Dosimetría, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Fesán.

Código: 15032364.

Enderezo: rúa de Amio, 114, parque empresarial Costa Vella.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fundación de Estudios e Análises (Fesán).

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación Infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Radioterapia e Dosimetría (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

b) Modalidade semipresencial e a distancia, réxime de persoas adultas:

• CS Educación Infantil.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades