Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38725

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de xuño de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado Aula Estudio, de Vigo.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Aula Estudio, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir o curso de especialización en Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual e o curso de especialización en Intelixencia artificial e big data, integrados na familia profesional de Informática e Comunicacións.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para impartir os cursos de especialización en Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual e en Intelixencia artificial e big data, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Aula Estudio.

Código: 36024392.

Domicilio: rúa Santa Marta interior, s/n.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Aula Estudio Formación Práctica, S.L.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Xestión Administrativa (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidade para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• Curso de especialización en Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual (1 unidade para 20 alumnos/as).

• Curso de especialización en Intelixencia artificial e big data (1 unidade para 20 alumnos/as).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos cursos de especialización, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades