Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39211

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2022 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de abril de 2022.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas superior e técnica de estatísticos, pola Resolución do 5 de abril de 2022, á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base VIII da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas, para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/).

Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria (tramitación electrónica).

A reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base V sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública