Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39212

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 28 de xuño de 2022 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (CS2201).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante, LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve anunciar a convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

CS2201. Profesor/a asociado/a ciencias da saúde (anexo).

A información completa pódese consultar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando, «emprego» e logo «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas, pódense dirixir aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 28 de xuño de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1

Referencia:

CS2201-C01-610-AC-P3-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a ciencias da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciatura/grado en medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420404 Estrutura e patoloxía médico-cirúrxica

Observacións:

Estrutura e patoloxía médico-cirúrxica: sistema nervioso e órganos dos sentidos. Persoal petencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo especialista en Neuroloxía/Neurocirurxía/Otorrinolaringoloxía/Oftalmoloxía/Neurofisioloxía Clínica.