Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39055

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de xuño de 2022 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (código de procedemento BS213D).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 120, do 23 de xuño de 2022, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 36094, no punto 1.7, letra h) Organización e funcionamento do centro, ordinal 4º, Protocolos, do anexo II da resolución, referido á estrutura e contidos mínimos do proxecto de intervención educativa do centro, onde di:

«4º. Protocolos:

4º.1. Protocolos de actuación para cada fase da intervención.

4º.2. Protocolo de actuación para asegurar a integridade física e psíquica da persoa menor en situacións que sexa necesario usar medios de contención.

4º.3. Protocolo para a intervención en situación de crise.

Entenderase por situacións de crise as seguintes:

4º.3.1. Agresións, ameazas ou coaccións graves.

4º.3.2. Motíns, plantes ou desordes colectivos.

4º.3.3. Evasións ou intentos de evasión dos centros.

4º.3.4. Resistencia activa e grave ao cumprimento das ordes.

4º.3.5. Introdución ou posesión de armas ou instrumentos materiais que poidan ser utilizados para causar danos ás persoas.

4º.3.6. Deterioro deliberado e grave das instalacións.

4º.4. Protocolo para prevención de suicidios».

Debe dicir:

«4º. Protocolos:

4º.1. Protocolos de actuación para cada fase da intervención.

4º.2. Protocolo de actuación para asegurar a integridade física e psíquica da persoa menor en situacións que sexa necesario usar medios de contención.

4º.3. Protocolo para a intervención en situación de crise.

Entenderase por situacións de crise as seguintes:

4º.3.1. Agresións, ameazas ou coaccións graves.

4º.3.2. Motíns, plantes ou desordes colectivos.

4º.3.3. Evasións ou intentos de evasión dos centros.

4º.3.4. Resistencia activa e grave ao cumprimento das ordes.

4º.3.5. Introdución ou posesión de armas ou instrumentos materiais que poidan ser utilizados para causar danos ás persoas.

4º.3.6. Deterioración deliberada e grave das instalacións.

4º.4. Protocolo para prevención de suicidios, incorporando a perspectiva de xénero e a diversidade sexual.

4º.5. Protocolo para a indagación da violencia e o abuso sexual sufrido, co obxecto de poder dar unha resposta terapéutica e de protección.

4º.6. Protocolo detección e prevención do acoso, abuso ou calquera outro tipo de violencia, que incorpore a perspectiva de xénero».

– Na páxina 36104, no punto 2.2.3, ordinal 3º do anexo II da resolución, referido ao persoal mínimo dos recursos humanos para a execución do convenio, onde di: «3º. Coordinadores», debe dicir: «3º. 3 coordinadores».