Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 6 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, polo que se dá publicidade da resolución do procedemento de declaración de prohibición para contratar da empresa Mersant Vigilancia, S.L.

De acordo co disposto no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, no artigo 20 do Regulamento, faise publica a Resolución do 18.5.2022, da Consellería de Política Social e Xuventude, ditada no procedemento PC-1/2022, en que, entre outros extremos, se acorda o seguinte:

«Declarar a prohibición de contratar de Mersant Vigilancia, S.L. (B90229790) coa Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, por un prazo de tres anos desde a data de inscrición de esta prohibición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia».

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2022

Mª Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social
e Xuventude