Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 38935

I. Disposicións xerais

Consellería de Política Social e Xuventude

DECRETO 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude.

O 16 de maio de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Posteriormente, o 27 de maio de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia. A través deste decreto establécese un segundo nivel organizativo en distintos órganos superiores e de dirección e en diversas entidades do sector público, coa finalidade de acadar un maior grao de racionalización e eficacia conforme os criterios de mellora continua reflectidos na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

De acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, a Consellería de Política Social e Xuventude estrutúrase nos seguintes órganos de dirección: a Secretaría Xeral Técnica, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a Dirección Xeral de Inclusión Social, a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Queda adscrita a esta consellería a Axencia Galega de Servizos Sociais.

Consonte o anterior e de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a nova estrutura da Consellería de Política Social e Xuventude axústase aos principios de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración pública, co obxectivo de acadar unha mellor adaptación ás necesidades sociais e laborais derivadas do actual escenario económico.

A Secretaría Xeral Técnica mantén as súas competencias e incorpora as referidas á valoración do grao de discapacidade e dependencia, motivo polo cal se incorpora a este órgano directivo a Subdirección Xeral de Valoración da Dependencia e da Discapacidade.

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica mantén as súas competencias ao igual que a Dirección Xeral de Inclusión Social, que unicamente altera as súas competencias no sentido de deixar de coordinar a Rede galega de centros sociocomunitarios, competencia que é asumida pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.

A maior novidade céntrase na distribución competencial entre a atención destinada ás persoas maiores e a atención ás persoas con discapacidade a través de dous órganos directivos, a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade e a Dirección Xeral de Maiores e Asistencia Sociosanitaria.

A Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade asume as competencias relativas ao apoio e atención ás persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola súa banda, a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria asume as competencias en materia de benestar destinadas á atención das persoas maiores, á humanización dos centros sociosanitarios, ao reforzo dos recursos coa coordinación da Rede galega de centros sociocomunitarios, reforzando, así mesmo, a competencia da formación continua do persoal e impulsando a mellora tecnolóxica e innovación que permita mellorar os servizos prestados.

Na Consellería mantense o órgano de dirección competente en materia de xuventude e voluntariado, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que continuará velando polo desenvolvemento da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, favorecendo as oportunidades da mocidade galega no ámbito do ocio e o tempo libre, a educación non formal, a mobilidade, a participación e o asociacionismo. Así mesmo, tamén se fomentará a acreditación de competencias, o recoñecemento da acción voluntaria, e se explorarán novos eidos no voluntariado, seguindo os principios reitores fixados na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

Polo que se refire á organización dos servizos periféricos, de acordo co disposto no artigo 35 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, as xefaturas territoriais previstas neste decreto dependen orgánica e funcionalmente da Consellería, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das súas competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito territorial. Concretamente, a Consellería de Política Social e Xuventude mantén a súa organización en catro xefaturas territoriais na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Na presente disposición, a estrutura periférica adáptase aos cambios organizativos dos servizos centrais.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Política Social e Xuventude, de acordo co artigo 27 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no exercicio da facultade outorgada no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo do órgano de dirección con competencias en materia de avaliación, reforma e simplificación administrativa e os informes dos órganos de dirección competentes en materia de función pública e da análise orzamentaria e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de xuño de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1. Ámbito competencial

A Consellería de Política Social e Xuventude é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, lle corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución española, propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito do benestar, que engloban as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de familia, menores, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, inmigración, atención ás persoas discapacitadas e ás persoas maiores, a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e as políticas de xuventude e voluntariado, na forma establecida neste decreto.

Artigo 2. Estrutura da Consellería

Para o exercicio das súas funcións, a Consellería de Política Social e Xuventude estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Persoa titular da Consellería.

b) Secretaría Xeral Técnica.

c) Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

d) Dirección Xeral de Inclusión Social.

e) Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

f) Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.

g) Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

h) Xefaturas territoriais.

Artigo 3. Organismos autónomos, entes públicos e órganos colexiados

1. Quedan adscritos a esta Consellería os seguintes organismos:

A Axencia Galega de Servizos Sociais, creada polo Decreto 40/2014, do 20 de marzo.

2. Así mesmo, están adscritos a esta consellería, co carácter, misión e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os órganos colexiados seguintes:

a) A Comisión Interdepartamental de Servizos Sociais e Inclusión Social, creada pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

b) O Consello Galego de Benestar Social, creado pola Lei 13/2008, do 3 de decembro.

c) A Comisión Técnica de Accesibilidade e o Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras, creados pola Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) O Consello Galego da Familia e o Observatorio Galego da Familia e da Infancia, creados pola Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

e) O Consello Autonómico da Atención Temperá e a súa Comisión Técnica, creados polo Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

f) O Consello Galego de Acción Voluntaria e o Observatorio Galego de Acción Voluntaria, creados pola Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

g) O Comité Galego de Políticas de Xuventude, creado pola Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

h) O Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia e o seu Observatorio da Xuventude, creados pola Lei 6/2012, do 19 de xuño.

i) O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, creado polo Decreto 104/2016, do 28 de xullo.

TÍTULO II

Os servizos centrais

Artigo 4. A persoa titular da Consellería

A persoa titular da Consellería é a autoridade superior da dita consellería e, con tal carácter, desempeña e exerce as atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO I

A Secretaría Xeral Técnica

Artigo 5. Atribucións

Á Secretaría Xeral Técnica, órgano de dirección da Consellería de Política Social e Xuventude, con relación xerárquica directa coa persoa titular da Consellería, corresponderanlle as seguintes funcións:

a) As establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, entre elas coordinar, baixo a dirección da persoa titular da Consellería, os programas e actuacións das diferentes direccións xerais e entes do sector público adscritos á Consellería, actuar como órgano de comunicación coas demais consellerías, dirixir e xestionar os servizos comúns da Consellería e velar pola organización, simplificación e racionalización administrativa, así como polo cumprimento das disposicións legais en materia de igualdade.

b) Exercer as funcións relativas ao rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais, o réxime de control, inspección, acreditación e sancionador, de ser o caso, así como a súa coordinación cos demais órganos e coas xefaturas territoriais en aplicación e de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia; coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia; coa Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia; coa Lei 10/2014, do 23 de decembro, de accesibilidade e demais normas de aplicación, sen prexuízo das encomendadas aos órganos da Xunta de Galicia competentes en materia de avaliación e reforma administrativa.

c) Dirixir, impulsar, xestionar, planificar, coordinar, controlar e supervisar o conxunto das actuacións da Consellería de Política Social e Xuventude en materia de valoración da dependencia e da discapacidade en aplicación da Lei 13/2008, do 3 de decembro, e da Lei 39/2006, do 14 de decembro.

d) As que lle atribúa a normativa en vigor e as que lle sexan encomendadas por delegación da persoa titular da Consellería.

Artigo 6. Estrutura

1. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

a) Vicesecretaría Xeral.

b) Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa.

c) Subdirección Xeral de Persoal.

d) Subdirección Xeral de Contratación e Control.

e) Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais.

f) Subdirección Xeral de Proxectos e Accesibilidade.

g) Subdirección Xeral de Valoración da Dependencia e da Discapacidade.

2. De conformidade co disposto no artigo 29.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral:

a) A Intervención Delegada da Consellería, que dependerá funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) A Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, e no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Esta asesoría xurídica desempeñará as funcións do artigo 13.2 do mencionado Decreto 343/2003, do 11 de xullo, no seu correspondente ámbito funcional.

Artigo 7. Vicesecretaría Xeral

1. Con nivel orgánico de subdirección xeral, a Vicesecretaría Xeral, como órgano de dirección, exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión das competencias da Secretaría Xeral Técnica, a execución dos proxectos, obxectivos ou actividades e demais atribucións que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, así como a súa suplencia en caso de vacante, ausencia ou enfermidade e da súa abstención ou recusación declarada.

2. Directamente ou a través do servizo e unidades que nela se integran desenvolverá as seguintes funcións:

a) Impulso e coordinación da elaboración do anteproxecto de orzamentos da Consellería.

b) Elaboración do orzamento da Secretaría Xeral Técnica.

c) Coordinación, control e seguimento da execución dos orzamentos da Consellería.

d) Xestión e tramitación de todos aqueles expedientes de xestión do gasto que se tramiten con cargo ao orzamento da Secretaría Xeral Técnica.

e) Colaboración, cos distintos servizos, entidades e organismos integrados na Consellería, na implantación de medidas de coordinación e optimización na xestión dos recursos de que dispoña a Consellería con carácter xeral e, especialmente, en materia de execución orzamentaria.

f) Elaboración de estudos, informes, instrucións, circulares e de instrumentos similares que se requiran no exercicio das funcións anteriores.

g) Singularmente, encargarase de calquera outro asunto que lle poida ser encomendado pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, no exercicio das súas competencias.

3. Para o desenvolvemento das súas funcións a Vicesecretaría Xeral contará co Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario, órgano de apoio con nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponderá:

a) A coordinación e o impulso da elaboración do anteproxecto de orzamentos da Consellería, a elaboración do da Secretaría Xeral Técnica, e a coordinación, o seguimento e o control da súa execución.

b) Tramitación dos expedientes de modificación dos créditos consignados no orzamento de gastos da Consellería.

c) O impulso na tramitación económico-administrativa de expedientes de gasto e propostas de pagamento.

d) A planificación, a habilitación e o seguimento da provisión de créditos para gastos de mantemento dos distintos órganos, unidades administrativas e oficinas que se lle asignen, tanto de servizos centrais como periféricos, baixo a modalidade de pagamentos para xustificar.

e) A proposta do aprovisionamento, mantemento e renovación do equipamento e material funxible non inventariable necesario para o funcionamento da Consellería, así como do material inventariable e o apoio na xestión do inventario de bens mobles, en coordinación coa Subdirección Xeral de Contratación e Control.

f) O control da seguridade na utilización do programa de xestión contable da Xunta de Galicia (Xumco), así como o mantemento e asesoramento ás persoas usuarias da Consellería no seu funcionamento.

g) A xestión de taxas e de prezos públicos da Consellería e a coordinación con todos os órganos, unidades e centros dependentes.

h) A elaboración das instrucións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta xestión orzamentaria, así como a análise da súa execución, de acordo coa normativa vixente.

i) Xestión dos vehículos asignados á Consellería coa tramitación de altas, modificacións, baixas, partes de sinistros, necesidades de inspección técnica de vehículos, control dos sistemas de pagamento automático de autoestradas.

j) O apoio na organización do Rexistro Xeral e na xestión do arquivo de oficina da Consellería.

k) Realización de estudos e informes nas materias a que fan referencia as funcións anteriores.

l) Calquera outra función análoga que se lle poida encomendar.

Artigo 8. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa

1. A Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, como órgano de dirección, exercerá as funcións de coordinación e impulso das de carácter xurídico-administrativo e dos servizos de carácter xeral da Consellería nos termos previstos nos números 2 e 3 deste artigo.

2. Directamente ou a través do servizo e unidades que nela se integran desenvolverá as seguintes funcións:

a) A tramitación das actuacións necesarias respecto das fundacións de interese galego sobre as cales a Consellería exerza o protectorado e as funcións como sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

b) A coordinación dos actos administrativos referidos á administración, á conservación e colaboración na protección e defensa dos bens e dereitos adscritos á Consellería, agás os atribuídos a outros órganos.

c) A coordinación dos requirimentos e peticións formulados á Consellería polos órganos xudiciais, o Defensor do Pobo, o Valedor/a do Pobo, á cidadanía e outros órganos e institucións.

d) O estudo, a coordinación e a revisión da proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial e das reclamacións administrativas e dos recursos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería, cuxa resolución corresponda á persoa titular da Consellería nas materias da súa competencia cando non estean atribuídos a outros órganos.

e) A coordinación das publicacións e as funcións relativas ao plan de publicacións da Consellería, a información, a difusión das publicacións e a coordinación das aplicacións estatísticas da Consellería.

f) A coordinación das demandas e os recursos contencioso-administrativos cando non correspondan a outros órganos.

g) O estudo das propostas das disposicións normativas, convenios e instrumentos bilaterais que elaboren os distintos órganos da Consellería.

h) A preparación dos expedientes que, logo do paso pola Comisión de Secretarios/as Xerais Técnicos/as, se eleven ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos.

i) A coordinación das funcións dos servizos de Coordinación Administrativa e Xestión Económica das xefaturas territoriais que teñan relación cos centros dependentes da Consellería, en todo o que lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, sen prexuízo das que lle correspondan a outros órganos da dita secretaría.

j) A coordinación da elaboración de estudos, informes, instrucións, circulares e instrumentos similares que se requiran no exercicio das funcións anteriores.

k) Calquera outro asunto que lle poida ser encomendado pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, no exercicio das súas competencias.

3. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa contará co Servizo de Apoio Técnico-Xurídico, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponderá:

a) A tramitación dos proxectos de disposicións de carácter xeral emanados dos distintos órganos da Consellería de Política Social e Xuventude, así como o estudo das compilacións e da refundición das normas emanadas desta.

b) O estudo, a preparación e o informe dos asuntos que, logo do paso pola Comisión de Secretarios/as Xerais Técnicos/as, se eleven ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos acordos desta.

c) Estudo das propostas de convenios e outros instrumentos bilaterais que elaboren os distintos órganos da Consellería.

d) O estudo, a tramitación e a proposta de resolución das reclamacións e dos recursos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería cando non estean atribuídos a outros órganos.

e) A elaboración dos correspondentes informes e a coordinación da documentación necesaria en relación coas demandas e recursos interpostos na vía xudicial, agás as que correspondan a outros órganos.

f) A coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería e entidades adscritas, se é o caso, que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia, así como a coordinación, a tramitación e a xestión da publicación das notificacións por anuncios no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

g) Calquera outro asunto que poida ser encomendado pola persoa titular da subdirección no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Artigo 9. Subdirección Xeral de Persoal

1. A Subdirección Xeral de Persoal, como órgano de dirección, exercerá as funcións de xestión de persoal, a coordinación dos asuntos de réxime interno, a coordinación das xefaturas territoriais da Consellería en materia de persoal, o plan de formación da Consellería, a tramitación dos expedientes disciplinarios e das reclamacións e recursos en materia de persoal e outras de contido administrativo que lle atribúa á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Persoal.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A ordenación e o control da xestión de todo o persoal da Consellería, sen prexuízo da competencia doutros órganos e unidades e, en especial, a xestión e a administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais.

b) A formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo da Consellería.

c) O mantemento e a actualización da base de datos de persoal funcionario e laboral e a organización, a custodia e o arquivo dos seus expedientes.

d) A xestión e a tramitación da nómina de persoal adscrito aos servizos centrais da Consellería.

e) O cumprimento das obrigas en materia de seguridade social e dereitos pasivos.

f) O estudo, o seguimento e o control da execución do estado de gastos en materia orzamentaria do capítulo I da Consellería e a elaboración das propostas de modificación de crédito.

g) O control da asistencia e a puntualidade do persoal dos servizos centrais, así como dos permisos, vacacións e licenzas e de todas as cuestións relativas ao réxime interno de funcionamento da Consellería.

2.2. Servizo de Reclamacións e Recursos.

Correspóndenlle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) O estudo, a tramitación e a proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións ditados pola Consellería en materia de persoal, cando non estean atribuídos a outros órganos.

b) A elaboración dos correspondentes informes e a coordinación da documentación necesaria en relación coas demandas e recursos interpostos na vía xudicial en materia de persoal.

c) O estudo, a coordinación e a proposta de resolución dos expedientes disciplinarios cuxa resolución corresponda á persoa titular da Consellería ou ao Consello da Xunta de Galicia con respecto ao persoal dependente desta consellería.

d) A execución de sentenzas en materia de persoal funcionario e laboral dependentes da Consellería.

Artigo 10. Subdirección Xeral de Contratación e Control

1. Á Subdirección Xeral de Contratación e Control, como órgano de dirección, corresponderalle:

a) A elaboración do plan de necesidades en materia de obras, equipamentos e contratacións centralizadas.

b) A planificación e o desenvolvemento da súa execución tanto no referido a fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia como aos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

c) A xestión, a tramitación e a realización de propostas de resolución de todos aqueles expedientes de contratación que lle asigne a Secretaría Xeral Técnica para unha óptima racionalización de recursos.

d) a coordinación e o seguimento da execución dos investimentos, xunto coas xefaturas territoriais e outros órganos e centros dependentes da Consellería.

e) Aqueloutras de contido contractual que lle atribúa a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Obras.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa da Consellería, cando se trate de obras, equipamentos, servizos relacionados coas obras ou calquera outra figura contractual, que non estean expresamente atribuídos a outros órganos.

b) A programación da execución de fondos procedentes do Feder do capítulo VI destinado a investimentos nos centros dependentes da Consellería e a súa xestión.

c) A xestión ante as entidades, órganos ou organismos públicos correspondentes das autorizacións sectoriais preceptivas e das licenzas necesarias para a execución dos expedientes de obras que sexan da súa competencia.

d) A coordinación dos contratos administrativos que se tramiten nas xefaturas territoriais en materia de obras e servizos relacionados con elas, así como equipamentos.

e) O apoio á Subdirección na planificación de investimentos en materia de obras e equipamentos.

2.2. Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes de contratación de servizos e de contratación centralizada non atribuídos expresamente a outros órganos da Consellería.

b) O apoio á Subdirección Xeral na planificación, no impulso e na coordinación das necesidades en materia de contratación dos distintos centros dependentes da Consellería e das xefaturas territoriais.

c) A coordinación e a elaboración de instrucións e fixación de criterios en materia de contratación.

d) A execución e o seguimento das contratacións centralizadas que se tramiten na Secretaría Xeral Técnica.

e) O control económico e a coordinación coas xefaturas territoriais da contratación centralizada e daqueloutras que asuman as propias xefaturas territoriais.

f) O impulso e o desenvolvemento de ferramentas de xestión na área de contratación para o uso xeral e compartido e, en xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 11. Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) A tramitación e a proposta de resolución dos expedientes relativos ao Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, a tramitación e a proposta de resolución dos procedementos de autorización en materia de servizos sociais e a tramitación e a proposta de resolución dos procedementos de acreditación en materia de servizos sociais.

b) Coordinar o control e a inspección dos servizos, os centros e os programas de servizos sociais que se desenvolvan no territorio da Comunidade Autónoma, sen prexuízo das funcións encomendadas ao órgano da Xunta de Galicia competente en materia de avaliación e reforma administrativa.

c) Elaborar o plan de inspección anual das entidades, servizos, programas e centros de servizos sociais.

d) A proposta de adopción de medidas cautelares e de incoación de expedientes sancionadores en relación coas entidades prestadoras de servizos sociais en aplicación da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia; da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

e) Verificar o nivel de calidade dos servizos sociais que se presten no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e formular propostas de mellora na súa calidade sen prexuízo das funcións que lle correspondan a outros órganos da Xunta de Galicia competentes en materia de avaliación da calidade dos servizos públicos.

f) Emitir informes sobre o destino e a adecuada utilización das subvencións e axudas públicas percibidas por persoas físicas ou xurídicas en materia de servizos sociais, así como de calquera outra axuda económica articulada a través dos instrumentos establecidos na normativa vixente, sen prexuízo das funcións que lles correspondan aos outros órganos en virtude da normativa específica.

g) Investigar e contestar queixas e reclamacións que presenten as persoas usuarias, no ámbito das funcións de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos da Consellería e da Xunta de Galicia.

h) Colaborar cos órganos da Consellería na elaboración e revisión de normas relativas ás materias relacionadas coas funcións da subdirección.

i) Todas aquelas funcións que lle sexan atribuídas pola normativa vixente na materia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Inspección de Familia e Menores.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das funcións atribuídas á Subdirección Xeral no ámbito das entidades, servizos, centros e programas dirixidos a menores, familia e infancia.

2.2. Servizo de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia.

Corresponderalle a este servizo o desenvolvemento das funcións atribuídas á Subdirección Xeral no ámbito das entidades, servizos, centros e programas dirixidos a maiores, persoas con discapacidade e a persoas con dependencia.

2.3. Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.

Corresponderalle a este servizo o desenvolvemento das funcións atribuídas á Subdirección Xeral no ámbito das entidades, servizos, centros e programas destinados á igualdade e os dirixidos á comunidade e ás persoas en risco de exclusión social.

3. Os postos que, se for o caso, se creen na relación de postos de traballo da Consellería competente en materia de inspección de servizos sociais nas xefaturas territoriais dependerán organicamente das ditas xefaturas e funcionalmente da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais.

Artigo 12. Subdirección Xeral de Proxectos e Accesibilidade

Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) A planificación, a coordinación e o desenvolvemento das funcións das oficinas de supervisión dos proxectos a que fai referencia a normativa vixente respecto das obras que realice a Consellería, así como a dirección e o seguimento das obras que realice a Consellería e das correspondentes aos convenios de investimento coas entidades locais.

b) A planificación, a coordinación e a execución da supervisión, dirección e control dos proxectos de obras en que participe a consellería e da súa execución material, de acordo co establecido na normativa técnica vixente e, en especial, a relativa á aplicación de criterios de sustentabilidade e adecuación ao medio.

c) A emisión de informes técnicos exixidos pola normativa relativos ao control de centros de servizos sociais, logo da proposta do persoal competente da dita subdirección.

d) A coordinación dos plans e o impulso dos proxectos de promoción da accesibilidade en colaboración con outros órganos da Consellería.

e) A participación, o asesoramento e a elaboración de informes en materia de accesibilidade.

f) O impulso do cumprimento da normativa sobre accesibilidade e supresión de barreiras, así como a proposta de actuacións e de normativa na materia da súa competencia.

g) A promoción da divulgación, a información e o estudo da accesibilidade e supresión de barreiras, sen prexuízo das que lle correspondan a outros órganos.

Artigo 13. Subdirección Xeral de Valoración da Dependencia e da Discapacidade

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) A coordinación e o apoio ás xefaturas territoriais nos procedementos de acceso ao recoñecemento de grao de dependencia e na elaboración dos correspondentes programas individuais de atención, en aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, en coordinación co Sistema de servizos sociais establecido na Lei 13/2008, do 3 de decembro, así como a tramitación dos recursos en materia de dependencia.

b) A coordinación e o apoio ás xefaturas territoriais nos procedementos de acceso ao recoñecemento do grao de discapacidade, en aplicación do Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

c) As propostas de actuación da Comunidade Autónoma de Galicia no marco da cooperación interadministrativa no Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a autonomía e atención á dependencia e a avaliación e aplicación dos criterios adoptados no dito consello.

d) A coordinación cos demais órganos da Consellería e cos diferentes niveis de intervención social para as medidas e prestacións derivadas do recoñecemento da situación de dependencia e discapacidade e dos programas de prevención e promoción da autonomía persoal e de atención e coidado, así como na proposta de elaboración do catálogo dos servizos.

e) Impulsar o deseño das prestacións económicas do Sistema para a autonomía e atención á dependencia e a planificación, así como a coordinación e apoio ás xefaturas territoriais na xestión destas prestacións.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Valoración da Dependencia e da Discapacidade contará co Servizo de Valoración da Dependencia e da Discapacidade, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponderá:

a) O apoio e a coordinación das xefaturas territoriais nos procedementos de acceso ao recoñecemento do grao de dependencia e na elaboración dos correspondentes programas individuais de atención en aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro; a coordinación da xestión das medidas e prestacións derivadas do recoñecemento da situación de dependencia e dos programas de prevención e promoción da autonomía persoal e de atención e coidado, e o estudo da proposta de elaboración do catálogo dos servizos.

b) O seguimento e a avaliación de prestacións de atención á dependencia, garantindo a calidade da dita atención.

c) Asesoramento técnico en materia de dependencia aos servizos sociais comunitarios e unidades de traballo social do sistema de saúde.

d) Elaborar a información precisa para a aplicación dos criterios de financiamento determinados na Lei 39/2006, do 14 de decembro, así como cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

e) O apoio e a coordinación das xefaturas territoriais nos procedementos de acceso ao recoñecemento do grao de discapacidade, en aplicación do Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, modificado polo Real decreto 1364/2012, do 27 de setembro.

f) O seguimento e a avaliación do procedemento de valoración da discapacidade e dos recursos sociais deste ámbito de intervención.

g) Asesoramento técnico en materia de discapacidade aos servizos sociais comunitarios e unidades de traballo social do sistema de saúde.

h) Calquera outra función que poida ser encomendada pola persoa titular da Subdirección Xeral no exercicio das competencias que lle son propias.

CAPÍTULO II

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Artigo 14. Competencias

1. Á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, órgano de dirección da Consellería de Política Social e Xuventude, corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Exercer as políticas autonómicas en materia de acción social de apoio á familia, á infancia e á adolescencia, segundo o disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, e na Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar.

b) Protexer e tutelar as persoas menores en situación de risco ou desamparo de acordo co establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código civil e da Lei de axuizamento civil, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, así como executar as medidas ditadas polos xulgados de menores, nos termos establecidos na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

c) Exercer as políticas destinadas a favorecer e impulsar o crecemento demográfico, á renovación xeracional e a reverter o envellecemento poboacional.

d) Promover e adoptar as medidas que aseguren a conciliación corresponsable da vida persoal, familiar e laboral como medio para garantir un ambiente favorable para a creación e o libre desenvolvemento das familias.

e) Elaborar as propostas normativas no ámbito da familia, infancia e adolescencia, así como para o desenvolvemento normativo da Lei 3/2011, do 30 de xuño, da Lei 13/2008, do 3 de decembro, e da Lei 4/2001, do 31 de maio.

f) Exercer a potestade sancionadora no ámbito das súas competencias, de conformidade coa normativa de aplicación.

g) Elaborar o anteproxecto do orzamento e da memoria de funcionamento do órgano, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

h) Elaborar as estatísticas nas materias da súa competencia.

i) Impulsar a aplicación da perspectiva de xénero nas materias da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica conta cos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación.

b) Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

c) Servizo de Xestión Económica.

Artigo 15. Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) Planificar, xestionar, coordinar, realizar o seguimento, avaliar e controlar os programas, servizos e equipamentos destinados a facilitar a conciliación corresponsable da vida, persoal, familiar e laboral, así como estudar as características propias da Comunidade Autónoma para deseñar e desenvolver actuacións e programas transversais destinados á dinamización demográfica.

b) Establecer e fomentar o intercambio de información e a cooperación coas distintas administracións públicas, organismos de investigación e axentes de ámbito autonómico, estatal, comunitario e internacional en materia de renovación e impulso demográfico.

c) Elaborar e realizar o seguimento de plans estratéxicos para a revitalización demográfica.

d) Coordinar o funcionamento dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de demografía e conciliación corresponsable.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Planificación para o Impulso Demográfico.

Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

a) Elaborar propostas de planificación, coordinar, executar e realizar o seguimento das medidas necesarias para reverter o envellecemento poboacional e favorecer a renovación demográfica.

b) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

c) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

d) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

e) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

f) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que lle sexan encomendados en relación coa súa competencia.

2.2. Servizo de Conciliación Familiar.

Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

a) Elaborar propostas de planificación, coordinar, executar e realizar o seguimento das medidas necesarias para asegurar a conciliación corresponsable da vida laboral, familiar e persoal.

b) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

c) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

d) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

e) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

f) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que lle sexan encomendados en relación coa súa competencia.

Artigo 16. Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) Planificar, xestionar, coordinar, realizar o seguimento, avaliar e controlar os programas, servizos e centros relativos á protección da familia, da infancia e da adolescencia, e á atención das persoas menores en situación de risco ou desamparo, ou suxeitas a medidas de responsabilidade penal, en aplicación do previsto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, sen prexuízo das funcións que lle correspondan ao órgano responsable da autorización e inspección de servizos sociais da Consellería.

b) Elaborar e realizar o seguimento dos plans integrais de apoio á familia, á infancia e á adolescencia.

c) Deseñar, coordinar, controlar a xestión, realizar o seguimento e a avaliación das prestacións sociais e económicas nas súas áreas de actuación.

d) Tramitar os expedientes sancionadores en aplicación da Lei 3/2011, do 30 de xuño, e da Lei 13/2008, do 3 de decembro.

e) Xestionar o funcionamento dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de familia, infancia e adolescencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia.

A este servizo corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Estudar, implantar, coordinar, realizar o seguimento e a avaliación dos programas, servizos e centros destinados á familia, á infancia e á adolescencia.

b) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

c) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

d) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

e) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

f) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que lle sexan encomendados en relación coa súa competencia.

2.2. Servizo de Protección de Menores.

A este servizo corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Estudar, implantar, realizar o seguimento e a avaliación dos programas, servizos e equipamentos, dirixidos á prevención e á atención das situacións de desprotección que poidan afectar as persoas menores.

b) Coordinar os equipos técnicos do menor das xefaturas territoriais da Consellería.

c) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

d) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

e) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

f) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

g) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que lle sexan encomendados en relación coa súa competencia.

2.3. Servizo de Xustiza Penal Xuvenil.

A este servizo corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Executar as medidas xudiciais, estudar, implantar, realizar o seguimento e a avaliación dos programas, equipamentos e servizos dirixidos ás persoas menores ás cales se lles aplique a Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

b) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

c) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

d) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

e) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

f) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que lle sexan encomendados en relación coa súa competencia.

Artigo 17. Servizo de Xestión Económica

A este servizo, órgano de apoio dependente directamente da Dirección Xeral, corresponderanlle a coordinación e a xestión dos procedementos de disposición de recursos de natureza económica competencia da Dirección Xeral, sen prexuízo das que lle correspondan á Secretaría Xeral Técnica e, concretamente:

a) Elaborar o anteproxecto de orzamento e a memoria de funcionamento da Dirección Xeral.

b) Xestionar as materias económicas e de contratación administrativa para os programas e actividades da Dirección Xeral, sen prexuízo do control e coordinación que lle correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

c) Coordinar a xestión económica dos centros propios competencia da Dirección Xeral, sen prexuízo das correspondentes a outros órganos da Consellería.

d) Xestionar e xustificar os diferentes fondos finalistas estatais e europeos e elaborar as propostas necesarias para a tramitación de expedientes de modificación.

e) Xestionar, controlar e coordinar os restantes programas e actividades económicas da Dirección Xeral.

f) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que, pola súa natureza análoga, lle sexan encomendados.

CAPÍTULO III

A Dirección Xeral de Inclusión Social

Artigo 18. Competencias

1. Á Dirección Xeral de Inclusión Social, órgano de dirección da Consellería de Política Social e Xuventude, corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Exercer as políticas autonómicas en materia de servizos sociais, inclusión social e inmigración, segundo o disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, e na Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

b) Impulsar o deseño, a coordinación, a avaliación e a xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de benestar social, inclusión social, inmigración e servizos sociais comunitarios de Galicia.

c) Elaborar as propostas normativas no ámbito dos servizos sociais, inmigración e inclusión social e para o desenvolvemento normativo da Lei 13/2008, do 3 de decembro, e na Lei 10/2013, do 27 de novembro.

d) Coordinar o funcionamento dos órganos colexiados de asesoramento e participación nas materias de competencia da Dirección Xeral.

e) Exercer a potestade sancionadora no ámbito das súas competencias, de conformidade coa normativa de aplicación.

f) Elaborar o anteproxecto do orzamento e a memoria de funcionamento do órgano, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

g) Elaborar as estatísticas nas materias da súa competencia.

h) O seguimento da xestión da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga.

i) Impulsar a aplicación da perspectiva de xénero nas materias da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Inclusión Social conta cos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión.

b) Subdirección Xeral de Servizos Sociais Comunitarios e Xestión Económica.

Artigo 19. Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) Planificar, coordinar, xestionar, realizar o seguimento e a avaliación dos programas, servizos e equipamentos de inclusión social, en aplicación do previsto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, e na Lei 10/2013, do 27 de novembro.

b) Deseñar, coordinar, controlar a xestión, realizar o seguimento e a avaliación das prestacións sociais e económicas nas súas áreas de actuación.

c) Elaborar e realizar o seguimento das estratexias e plans sectoriais no ámbito da inclusión social.

d) Tramitar os expedientes sancionadores en aplicación da Lei 13/2008, do 3 de decembro.

e) Xestionar o funcionamento dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de inmigración e inclusión.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Prestacións e Acción Social.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) Xestionar as prestacións previstas na Lei 10/2013, do 27 de novembro, do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social, no relativo ás prestacións non contributivas e outros réximes vixentes de carácter transitorio.

b) Preparar, xestionar, realizar o seguimento e controlar as axudas destinadas a programas de prestación de servizos sociais no seu ámbito competencial.

c) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

d) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

e) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

f) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

g) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que lle sexan encomendados en relación coa súa competencia.

2.2. Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión.

Corresponderanlle a este servizo as seguintes funcións:

a) Propoñer, coordinar, executar, realizar o seguimento e a avaliación dos programas de actuación e axudas dirixidos á inclusión activa e integración sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.

b) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

c) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

d) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

e) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteriza no ámbito das súas competencias.

f) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que lle sexan encomendados en relación coa súa competencia.

2.3. Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes.

Corresponderanlle a este servizo as seguintes funcións:

a) Propoñer, coordinar, executar, realizar o seguimento e a avaliación dos programas de actuación e axudas dirixidos á inclusión activa e integración sociolaboral das persoas inmigrantes.

b) Coordinar os puntos de información ás persoas inmigrantes das diferentes administracións e entidades colaboradoras.

c) Coordinar o proceso de acollida e integración de persoas refuxiadas no territorio da Comunidade Autónoma.

d) Informar, asesorar e difundir as actuacións desenvolvidas no seu ámbito de competencias.

e) Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

f) Executar e xustificar as partidas orzamentarias correspondentes.

g) Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

h) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que, pola súa natureza análoga, lle sexan encomendados.

Artigo 20. Subdirección Xeral de Servizos Sociais Comunitarios e Xestión Económica

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) Xestionar, programar, levar a cabo o asesoramento técnico e o seguimento dos programas, centros e servizos sociais de actuación comunitaria, sen prexuízo do que lle corresponda ao órgano responsable da autorización e inspección de servizos sociais da Consellería.

b) Coordinar o funcionamento dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de servizos sociais.

c) Coordinar as entidades locais para o desenvolvemento de programas sociais en colaboración con outros órganos da Consellería.

d) Coordinar e xestionar os procedementos de disposición de recursos de natureza económica competencia da Dirección Xeral, sen prexuízo do que lle corresponda á Secretaría Xeral Técnica e, concretamente:

1º. Elaborar o anteproxecto de orzamento e a memoria de funcionamento da Dirección Xeral.

2º. Coordinar a xestión económica e a contratación administrativa competencia da Dirección Xeral, sen prexuízo do que lle corresponda á Secretaría Xeral Técnica.

3º. Xestionar e controlar os fondos europeos e fondos finalistas, así como elaborar as propostas necesarias para a tramitación das correspondentes modificacións.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, co Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, órgano de apoio ao cal lle corresponderá o exercicio das seguintes funcións:

a) Xestionar, coordinar, realizar o seguimento, a avaliación e o control dos servizos sociais do nivel de actuación comunitaria.

b) Coordinar as actividades formativas relativas ao desenvolvemento e á execución dos programas do nivel de actuación comunitaria; así como asesorar, coordinar e controlar os servizos sociais dependentes das entidades locais.

c) Implantar e realizar o seguimento do Sistema de información das persoas usuarias de servizos sociais (SIUSS) e do Manual para os profesionais de traballo; informar e asesorar aos servizos sociais (Matiass), así como realizar o seguimento do desenvolvemento do Sistema de información social básica regulado no artigo 39 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, en execución do Plan de sistemas da Consellería.

d) Preparar, xestionar, realizar o seguimento e controlar o financiamento destinado a programas de prestación de servizos sociais polas corporacións locais, nas materias anteriormente citadas e, concretamente:

1º. Coordinar as entidades locais e entidades de iniciativa social para o desenvolvemento dos programas sociais destinados ás súas persoas usuarias.

2 º. Elaborar as estatísticas no seu ámbito de competencias.

3º. Propoñer, coordinar e xestionar os programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza no ámbito das súas competencias.

e) Levar a cabo todos aqueles asuntos ou materias que, pola súa natureza análoga, lle sexan encomendados.

CAPÍTULO IV

A Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Artigo 21. Competencias

1. A Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, órgano de dirección da Consellería de Política Social e Xuventude corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Planificar, impulsar, coordinar, dirixir, xestionar e supervisar o conxunto das actuacións da Consellería destinadas ao apoio e atención ás persoas con discapacidade, en aplicación da Lei 13/2008, do 3 de decembro, e da Lei 39/2006, do 14 de decembro, sen prexuízo das que lle correspondan a outros órganos de dirección da Consellería.

b) A formulación de propostas relacionadas coas políticas da Consellería nas materias propias da Dirección Xeral.

c) A proposta, o impulso, a elaboración das bases, a tramitación dos procedementos de concesión e seguimento das axudas e subvencións baixo o réxime de concorrencia promovidas pola dirección xeral ou a través da concesión directa ás entidades prestadoras de servizos sociais no ámbito da discapacidade.

d) A xestión e a coordinación do funcionamento dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de benestar social, nas competencias asumidas pola Dirección Xeral.

e) O exercicio da potestade sancionadora no ámbito das súas competencias, de conformidade coa normativa de aplicación, cando non estea atribuída a outros órganos da Consellería.

f) A elaboración do anteproxecto de orzamento e da memoria de funcionamento da dirección xeral, así como a súa xestión, seguimento e avaliación, e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

g) Impulsar a aplicación da perspectiva de xénero nas materias da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade contará cos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade.

b) Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade.

Artigo 22. Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) O impulso, a ordenación, a tramitación e o seguimento dos expedientes de contratación administrativa e concerto social, nas competencias asumidas pola Dirección Xeral, sen prexuízo da que lle corresponda á Secretaría Xeral Técnica.

b) A execución, a coordinación e o seguimento da xestión orzamentaria da dirección xeral, sen prexuízo da que lle corresponda á Secretaría Xeral Técnica.

c) A preparación do anteproxecto do orzamento e a memoria de funcionamento da Dirección Xeral, con base nas propostas de gastos elaboradas polos distintos órganos e unidades da dita dirección xeral, así como o control e seguimento da súa xestión e execución.

d) A coordinación da xestión económica da dirección xeral, sen prexuízo da que lle corresponda á Secretaria Xeral Técnica.

e) De xeito específico, a xestión e o control de fondos finalistas, así como a elaboración das propostas necesarias para a tramitación dos expedientes correspondentes ás súas modificacións.

f) A preparación de propostas normativas relativas a taxas, prezos públicos e demais ingresos en relación con actividades ou servizos competencia da Dirección Xeral, así como o seguimento da xestión e recadación dos existentes, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Consellería competente en materia de facenda.

g) A coordinación e a supervisión dos equipamentos de atención ás persoas con discapacidade titularidade da Consellería; a elaboración da proposta do catálogo de servizos e medidas de planificación; a programación, a coordinación e o control dos servizos e equipamentos, tanto comúns como do nivel de actuación especializada para as persoas con discapacidade, sen prexuízo das que lles correspondan á Secretaría Xeral Técnica e a outros órganos da Consellería.

h) Colaborar cos órganos responsables de autorización e inspección de servizos sociais da Consellería no control dos requisitos de acreditación en materia de atención a persoas con discapacidade, que garantan a calidade da dita atención.

i) A adxudicación de prazas nos centros e servizos públicos de atención ás persoas con discapacidade titularidade da Consellería ou financiados por esta a través das distintas fórmulas de contratación e concertación social, así como os traslados entre centros e/ou servizos.

j) A proposta da regulación do sistema de acceso e admisión nos centros e servizos para as persoas con discapacidade, en colaboración cos outros órganos da Consellería, e a súa execución.

k) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Contratación e Xestión Económica.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión económica dos programas e actividades xestionados pola Dirección Xeral,sen prexuízo das que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

b) A execución, a coordinación e o seguimento da xestión orzamentaria da Dirección Xeral, sen prexuízo das que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

c) O impulso, a ordenación, a tramitación e o seguimento dos expedientes de contratación administrativa e concerto social, nas competencias asumidas pola Dirección Xeral, sen prexuízo das que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

d) O apoio á Subdirección Xeral na planificación do orzamento e na elaboración da memoria de funcionamento da Dirección Xeral.

e) A coordinación da xestión económica dos centros propios competencia da Dirección Xeral, sen prexuízo das que correspondan a outros órganos da Consellería.

f) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

2.2. Servizo de Recursos e Equipamentos para a Discapacidade.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A elaboración e a preparación da planificación, a xestión e o control dos centros e recursos de atención a persoas con discapacidade titularidade da Consellería.

b) A adxudicación de prazas nos centros e servizos públicos de atención ás persoas con discapacidade titularidade da Consellería ou financiados por esta a través das distintas fórmulas de contratación e concertación social, así como os traslados entre centros e/ou servizos.

c) O estudo das necesidades organizativas, orzamentarias, formativas e de procedementos para a calidade da atención dos recursos para as persoas con discapacidade.

d) Apoio á planificación, á xestión e ao control dos centros e servizos dirixidos ás persoas con discapacidade.

e) A elaboración de informes e estatísticas, a proposta de actuacións e normativa no ámbito das materias que atinxen ao servizo, así como cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

f) A coordinación con outras áreas de actuación dependentes doutros órganos da Consellería nas materias encomendadas por razón da súa competencia.

g) A preparación de propostas normativas, así como a elaboración e o seguimento de plans en materias da súa competencia.

h) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

Artigo 23. Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) O deseño e a posta en marcha de programas e actividades dirixidas a persoas con discapacidade.

b) A coordinación e o apoio técnico aos órganos colexiados de participación ou consulta que estando adscritos á Consellería, exercen funcións que afectan a materias propias da Dirección Xeral, así como a asistencia na execución das súas propostas ou decisións.

c) O impulso, a preparación das bases, a xestión da tramitación e o seguimento das axudas e subvencións baixo o réxime do concorrencia, así como a proposta, seguimento e control das subvencións de concesión directa ás entidades prestadoras de servizos sociais no ámbito da discapacidade.

d) O impulso, o desenvolvemento e o seguimento das actuacións da Consellería en materia de atención temperá, segundo o disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, en coordinación cos ámbitos sanitario e educativo.

e) A xestión do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal segundo o disposto no Decreto 99/2014, do 24 de xullo, polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia.

f) A representación da Consellería e apoio técnico e administrativo á Comisión Técnica de Accesibilidade e ao Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras, así como cantas outras funcións lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

g) O apoio técnico e administrativo á Comisión Técnica de Accesibilidade e ao Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras, así como cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

h) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade contará co Servizo de Programas para a Discapacidade, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponderá:

a) A preparación, a xestión da tramitación da concesión directa de subvencións a entidades prestadoras de servizos sociais no ámbito da discapacidade.

b) A elaboración de programas, proxectos e servizos orientados á integración, inclusión social e laboral, e á vida independente das persoas con discapacidade.

c) A tramitación do desenvolvemento e o seguimento das actuacións da Consellería en materia de atención temperá, segundo o disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

d) A xestión do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, segundo o disposto no Decreto 99/2014, do 24 de xullo, polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia.

e) Xestionar programas e accións de fomento destinadas á promoción da accesibilidade e deseño universal.

f) A promoción de accións de divulgación e formación en materia de accesibilidade e deseño universal, sen prexuízo das competencias que se lle atribúan a outros órganos da Consellería.

g) A elaboración de informes e estatísticas, a proposta de actuacións e normativa no ámbito das materias que atinxen ao servizo, así como cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

h) A coordinación con outras áreas de actuación dependentes doutros órganos da Consellería nas materias encomendadas por razón da súa competencia.

i) A preparación de propostas normativas, así como a elaboración e o seguimento de plans en materias da súa competencia.

j) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

CAPÍTULO V

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Artigo 24. Competencias

1. Á Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, órgano de dirección da Consellería de Política Social e Xuventude, corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Impulsar, planificar, coordinar e avaliar o conxunto das actuacións da Consellería de Política Social e Xuventude en materia de benestar destinadas á atención das persoas maiores en aplicación da Lei 13/2008, do 3 de decembro, e da Lei 39/2006, do 14 de decembro, entre elas, a ordenación, a planificación, a innovación estratéxica dos recursos sociosanitarios e a coordinación e a avaliación da súa actividade asistencial.

b) Planificar as políticas da Dirección Xeral nas materias de innovación tecnolóxica e investigación e innovación na xestión dos programas e servizos sociais, así como a iniciativa da proposta normativa nesta materia.

c) A coordinación das iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sociais e a supervisión da/das plataforma/s tecnolóxica/s que dean soporte a estas actividades dentro do sistema de servizos sociais, sen prexuízo das que lle correspondan a outros órganos.

d) Impulsar iniciativas de humanización e seguridade asistencial nos centros sociosanitarios.

e) O fomento e a planificación de actividades de formación continuada nos centros sociosanitarios.

f) O impulso da efectividade e da eficiencia nos procesos asistenciais, e a promoción da seguridade, e da calidade e a súa mellora continua.

g) O exercicio da potestade sancionadora no ámbito das súas competencias, de conformidade coa normativa de aplicación.

h) A elaboración do anteproxecto do orzamento e da memoria de funcionamento correspondente ao órgano, así como a súa xestión, seguimento e avaliación e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

i) Impulsar a aplicación da perspectiva de xénero nas materias da súa competencia.

j) Coordinar a Rede galega de centros sociocomunitarios.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria conta cos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores.

b) Subdirección Xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial.

c) Subdirección Xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria.

d) Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi).

Artigo 25. Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) A coordinación e a supervisión dos equipamentos e servizos, residenciais e de atención diúrna, do ámbito competencial da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria; a elaboración da proposta do catálogo de servizos e medidas de planificación; a programación, a coordinación e o control dos programas, servizos e equipamentos, tanto comúns como do nivel de actuación especializada para as persoas maiores, sen prexuízo das que lle correspondan a outros órganos da Consellería.

b) O deseño e a posta en marcha de programas e actividades dirixidas a persoas maiores.

c) Colaborar cos órganos responsables de autorización e inspección de servizos sociais no control dos requisitos de acreditación en materia de atención ás persoas maiores, que garantan a calidade da dita atención.

d) A proposta da regulación do sistema de acceso e admisión nos centros e servizos para as persoas maiores, e a súa execución.

e) A preparación do anteproxecto do orzamento e a memoria de funcionamento da Dirección Xeral, con base nas propostas de gastos elaboradas polos distintos órganos e unidades da dita dirección xeral, así como o control e o seguimento da súa xestión e execución.

f) A preparación de propostas normativas relativas a taxas, prezos públicos e demais ingresos en relación con actividades ou servizos competencia da Dirección Xeral, así como o seguimento da xestión e recadación dos existentes, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á consellería competente en materia de facenda.

g) A coordinación da xestión económica da Dirección Xeral, sen prexuízo da que lle corresponda á Secretaria Xeral Técnica.

h) A xestión e o control de fondos finalistas, así como a elaboración das propostas necesarias para a tramitación dos expedientes correspondentes ás súas modificacións.

i) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, cos seguintes órganos de apoio:

2.1. Servizo de Recursos Comúns.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A elaboración e a preparación da planificación, a xestión e o control dos centros e servizos a persoas maiores.

b) A elaboración e a preparación da xestión e o control dos centros e servizos especializados no ámbito da atención ao alzhéimer.

c) A elaboración, o seguimento e o control dos convenios e concertos con entidades prestadoras de servizos sociais que atinxen aos anteditos colectivos.

d) O estudo das necesidades organizativas, orzamentarias, formativas e de procedementos para a calidade da atención dos centros e servizos para as persoas persoas maiores.

e) A elaboración de informes e estatísticas, a proposta de actuacións e normativa no ámbito das materias que atinxen o servizo, así como cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

f) A coordinación con outras áreas de actuación dependentes doutros órganos nas materias encomendadas por razón da súa competencia, con atención especial á área sociosanitaria.

g) Tramitación e seguimento da admisión nos centros e servizos para as persoas maiores e con alzhéimer, así como os traslados entre centros e/ou servizos.

2.2. Servizo de Xestión e Coordinación Administrativa.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión económica dos programas e actividades xestionados pola Dirección Xeral, sen prexuízo das que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

b) A execución, a coordinación e o seguimento da xestión orzamentaria da Dirección Xeral, sen prexuízo das que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

c) O impulso, a ordenación, a tramitación e o seguimento dos expedientes de contratación administrativa e concerto social, nas competencias asumidas pola Dirección Xeral, sen prexuízo das que correspondan á Secretaría Xeral Técnica.

d) O apoio á Subdirección Xeral na planificación do orzamento e na elaboración da memoria de funcionamento da Dirección Xeral.

e) A coordinación da xestión económica dos centros propios competencia da Dirección Xeral, sen prexuízo das que correspondan a outros órganos da Consellería.

f) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

Artigo 26. Subdirección Xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) Planificar e dimensionar as estruturas, os recursos e as tecnoloxías desde o punto de vista asistencial.

b) Supervisar os plans directores e funcionais dos centros sociosanitarios e facer o seguimento da implantación de novos recursos, técnicas e procedementos.

c) Xestionar as estratexias de innovación destinadas a mellorar a prestación asistencial.

d) Impulsar a cooperación e a coordinación efectiva cos órganos ou unidades da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competentes en materia de sanidade de cara a fomentar o desenvolvemento e a integración das prestacións sociosanitarias.

e) O desenvolvemento e a coordinación de sistemas de avaliación de tecnoloxías e programas de servizos sociais.

f) A planificación, a coordinación, a execución e o seguimento das competencias e funcións da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria nas materias de innovación tecnolóxica e investigación e innovación na xestión dos programas e servizos sociais, especialmente orientados á promoción da autonomía persoal e mellora da calidade de vida das persoas maiores, así como a iniciativa da proposta normativa nesta materia.

g) A coordinación, o impulso e a xestión das iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sociais e a supervisión da/das plataforma/s tecnolóxica/s que dean soporte a estas actividades dentro do sistema de servizos sociais, en coordinación cos órganos competentes na materia.

h) A planificación estratéxica, o deseño, a adquisición, a implantación, a formación, o soporte, a normalización e o mantemento dos sistemas de información de servizos sociais e a plataforma e servizos TIC que os sustentan.

i) Impulsar o sistema de xestión da calidade nos servizos sociosanitarios sen prexuízo das funcións que lle corresponda a outros órganos da Consellería.

j) A posta en marcha de proxectos de humanización no contorno dos servizos sociais.

k) Implantar as estratexias de seguridade dos residentes dos centros sociosanitarios.

l) O fomento e a planificación de actividades de formación continuada nos centros sociosanitarios.

m) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, Subdirección Xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial contará co Servizo de Calidade, Humanización e Xestión da Información, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponderá:

a) Xestionar a supervisión dos plans directores e funcionais dos centros sociosanitarios e facer o seguimento da implantación de novos recursos, técnicas e procedementos.

b) O establecemento, o seguimento e o mantemento do catálogo de procedementos.

c) Seguimento do sistema de xestión da calidade nos servizos sociosanitarios sen prexuízo das funcións que lle corresponda a outros órganos da Consellería.

d) A posta en marcha de proxectos de humanización na contorna dos servizos sociais.

e) Implantar a xestión das estratexias de seguridade dos residentes.

f) A posta en marcha do fomento e planificación de actividades de formación continuada nos centros sociosanitarios.

g) A coordinación do desenvolvemento de sistemas de avaliación de tecnoloxías e programas de servizos sociais.

h) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 27. Subdirección Xeral de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) A coordinación, o seguimento e a reordenación, se é o caso, dos recursos sociosanitarios existentes, sen prexuízo das que lle correspondan a outros órganos.

b) O desenvolvemento de programas e protocolos de derivación entre as diferentes unidades asistenciais.

c) Impulsar a implantación da xestión integrada nos centros e estruturas da Consellería de Política Social e Xuventude.

d) Impulsar mecanismos e proxectos de coordinación entre o ámbito sanitario e o sociosanitario.

e) A elaboración das propostas de planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias e funcións da Subdirección Xeral nas materias de innovación tecnolóxica e investigación e innovación na xestión dos programas e servizos sociais. Elaboración e seguimento dos cadros de mando no ámbito da súa competencia.

f) O impulso e a xestión das iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sociais e a supervisión da/das plataforma/s tecnolóxica/s que dean soporte a estas actividades dentro do sistema de servizos sociais, en coordinación cos órganos e unidades competentes na materia.

g) Elaborar estatísticas no ámbito das súas competencias.

h) A elaboración de programas, proxectos e servizos orientados á integración social das persoas maiores, así como á prevención das situacións de dependencia.

i) O deseño e a posta en marcha de programas e actividades de promoción da autonomía persoal, promoción do envellecemento activo e o fomento das relacións interxeracionais, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos da Consellería.

j) A coordinación dos órganos de participación e o asesoramento previstos na lexislación vixente, no seu ámbito competencial, e a elaboración e xestión de concertos, convenios, convocatorias de subvencións ou axudas e outras prestacións económicas, sen prexuízo das competencias que se lle atribúan os outros órganos da Consellería e en colaboración con eles.

k) A preparación de propostas normativas, así como a elaboración e o seguimento de plans en materias da súa competencia.

l) Xestión da contratación para a execución de programas competencia da subdirección.

m) Coordinar a Rede galega de centros sociocomunitarios.

n) Impulsar o deseño e a planificación do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia a través das entidades locais de Galicia, así como a coordinación e apoio ás xefaturas territoriais na xestión do financiamento ás entidades locais prestadoras do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia.

ñ) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria contará co Servizo de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponderá:

a) A preparación, a coordinación e o control dos convenios e as convocatorias de subvencións nas materias de competencia da subdirección.

b) A promoción e a xestión dos servizos de apoio á mobilidade para persoas con dependencia.

c) Xestionar programas e accións de fomento destinadas a promoción da accesibilidade universal e deseño para todos.

d) Promoción de accións de divulgación e formación en materia de accesibilidade universal e deseño para todos, sen prexuízo das competencias que se lle atribúan a outros órganos da Consellería.

e) A elaboración de programas, proxectos e servizos orientados á integración social das persoas maiores e á prevención das situacións de dependencia.

f) O deseño e a posta en marcha de programas e actividades de promoción da autonomía persoal, promoción do envellecemento activo e o fomento das relacións interxeracionais.

g) A preparación, a coordinación e o control dos convenios e convocatoria de subvencións para programas de promoción da autonomía persoal e de prevención da situación de dependencia coas entidades prestadoras de servizos sociais.

h) A preparación e o seguimento da colaboración para a formación e especialización dos/das profesionais da área de atención a persoas maiores.

i) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

Artigo 28. Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi)

Correspóndelle ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral, órgano de apoio con nivel orgánico de servizo, as seguintes funcións:

a) A supervisión e o control no cumprimento das disposicións regulamentarias de aplicación e das instrucións ditadas pola dirección xeral para o funcionamento do centro, así como a súa xestión económica e administrativa.

b) A planificación das actividades que se desenvolvan no centro, así como a súa organización, distribución, supervisión e coordinación para acadar un funcionamento efectivo.

c) A planificación das actividades formativas e cursos dirixidos a persoas con discapacidade e do seu desenvolvemento no centro.

d) A realización de actividades e programas adaptados ás persoas con discapacidade no centro.

e) A proposta de proxectos de colaboración, no ámbito das súas competencias, con entidades públicas e privadas.

f) Desenvolvemento das accións de colaboración con entidades de iniciativa social prestadoras de servizos sociais.

g) Cantas outras lle sexan encomendadas por razón da súa competencia.

CAPÍTULO VI

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Artigo 29. Competencias

1. Á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, órgano de dirección da Consellería de Política Social e Xuventude, corresponderanlle as seguintes funcións no marco do establecido na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia:

a) A xestión das actuacións en materia de xuventude, así como as políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil.

b) A planificación en materia de xuventude, especialmente a través do Plan estratéxico de xuventude de Galicia, así como a coordinación na elaboración, na execución e na avaliación das políticas transversais de xuventude.

c) O fomento da participación da xuventude na vida social.

d) A coordinación e a supervisión do funcionamento das instalacións xuvenís, tanto as propias da Consellería como as dependentes doutras entidades, e a prestación da asistencia técnica necesaria para dar un servizo de calidade.

e) O fomento da mobilidade xuvenil, dos intercambios xuvenís, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia como no resto do Estado e no ámbito internacional.

f) A organización e o funcionamento do Instituto da Xuventude de Galicia e, no seo deste, da Escola Galega de Xuventude.

g) O seguimento na xestión da Rede galega de información xuvenil e a súa promoción e desenvolvemento, en coordinación cos centros de información da Administración xeral do Estado e das comunidades autónomas, velando pola prestación dun servizo innovador e de calidade.

h) A coordinación das funcións informativas e de documentación dos servizos da Rede galega de información xuvenil e a coordinación dos servizos prestados na Rede galega de centros de xuventude, os Espazo Xove.

i) A xestión do rexistro autonómico das entidades xuvenís, nos termos que establece a Lei 6/2012, de xuventude de Galicia, e todas aquelas actuacións que deriven da aplicación da citada lei.

j) A dirección e a xestión das actuacións en materia de voluntariado, a elaboración e o seguimento dos instrumentos de planificación, de rexistro, da xestión dos órganos colexiados e todas aquelas actuacións en aplicación da Lei galega 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

k) A elaboración do anteproxecto de orzamento e a memoria de funcionamento correspondente ao órgano, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

l) Impulsar a aplicación da perspectiva de xénero nas materias da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado contará cos seguintes órganos:

a) Instituto da Xuventude de Galicia.

b) Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude.

c) Servizo de Voluntariado e Participación.

d) Servizo de Xestión e Coordinación Administrativa.

e) Servizo de Información Xuvenil.

Artigo 30. Instituto da Xuventude de Galicia

1. Correspóndenlle ao Instituto da Xuventude de Galicia, órgano con rango de subdirección xeral, as seguintes funcións:

a) A planificación, a supervisión e a coordinación das actividades desenvolvidas pola Escola Galega de Xuventude.

b) A planificación, a promoción, a organización e a coordinación de actividades destinadas á xuventude en xeral e en particular o seu ocio educativo, talento, iniciativa, autonomía e/ou liderado, directamente ou en colaboración con asociacións xuvenís ou outras administración públicas, institucións e organismos públicos e privados.

c) A coordinación, a vixilancia e o rexistro das instalacións xuvenís.

d) A coordinación da Rede de albergues xuvenís de Galicia.

e) A coordinación das axudas para o acceso da mocidade a determinados bens e servizos a través do carné xove, entre outros instrumentos.

f) O fomento e a promoción de intercambios dos mozos e mozas con outras comunidades autónomas e países estranxeiros.

g) A emisión de cantos informes lle sexan solicitados pola consellería de adscrición.

h) Todas cantas lle sexan atribuídas expresamente por disposicións de carácter legal ou regulamentario.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará cos seguintes órganos de apoio con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Actividades para a Xuventude.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) O desenvolvemento, a coordinación, a xestión e o seguimento dos programas e servizos a prol da mocidade que lle correspondan ao Instituto da Xuventude de Galicia.

b) A participación na xestión e programación das actividades de ocio educativo e educación non formal que se realizan en campamentos, albergues e centros de xuventude.

c) A promoción e difusión de intercambios xuvenís con outras comunidades autónomas e países estranxeiros.

d) A elaboración e tramitación dos convenios dirixidos a fomentar a colaboración coas administracións públicas, respecto da organización de actividades dirixidas á xuventude.

e) A promoción e a xestión do Carné Xove.

f) A tramitación e o seguimento das axudas e subvencións relacionadas coas materias propias do servizo.

2.2. Servizo de Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude.

Corresponderalle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

a) A coordinación e a xestión do Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia.

b) As funcións de fomento e seguimento de todas as actividades relacionadas co asociacionismo e participación xuvenil.

c) A programación e a ordenación das ensinanzas no ámbito da educación non formal en temas relacionados coa mocidade, así como a promoción das diferentes actividades formativas relacionadas cos programas e actividades xestionados polo Instituto da Xuventude de Galicia.

d) A coordinación dos servizos prestados nos albergues e residencias da nosa comunidade autónoma integrados na Rede española de albergues xuvenís.

e) A promoción e a xestión dos demais carnés nacionais e internacionais para a mocidade.

f) A tramitación e o seguimento das axudas e subvencións relacionadas coas materias propias do servizo.

Artigo 31. Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude

1. Corresponderanlle a esta subdirección, como órgano de dirección, as seguintes funcións:

a) Deseñar, promover, organizar e coordinar programas, desde o ámbito da educación non formal, destinados ao desenvolvemento de capacidades e competencias na xuventude, así como á mellora da súa empregabilidade e das súas posibilidades de emancipación.

b) Ofrecer apoio e asesoramento á xuventude en relación aos recursos postos á súa disposición pola Administración autonómica.

c) Coordinar e fomentar actividades que se realicen no ámbito das residencias xuvenís, así como en colaboración cos centros educativos e universidades galegas.

d) Coordinar, promover e informar dos programas e proxectos da Unión Europea dirixidos as persoas mozas.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará co Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponderá o exercicio das seguintes funcións:

a) Desenvolver, coordinar e xestionar os programas para a xuventude que lle corresponden á Subdirección Xeral.

b) Redactar propostas normativas, informes, estudos e estatísticas e facer o seguimento dos programas para a xuventude que lle corresponden á Subdirección Xeral.

c) Coordinar a a xestión dos proxectos europeos que estean en funcionamento e dos cales forme parte a dirección xeral e asesorar e capacitar a mocidade galega na realización de proxectos europeos de ámbito competencial da dirección xeral.

d) Participar e representar a Galicia na Axencia Nacional do Programa Erasmus+: Xuventude do Corpo Europeo de Solidariedade, e promover entre a mocidade galega os ditos programas, así como xestionar, avaliar e facer seguimento dos proxectos galegos presentados ao seu abeiro.

Artigo 32. Servizo de Voluntariado e Participación

1. Corresponderanlle a este servizo, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo con dependencia directa do/da director/a xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, as seguintes funcións:

a) Promover a participación e o voluntariado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia directamente e en colaboración coas entidades de acción voluntaria e fomentar a cooperación cos órganos ou organismos competentes en materia de voluntariado doutras comunidades autónomas e do Estado.

b) Elaborar e realizar o seguimento da execución dos instrumentos de planificación de conformidade coa norma reguladora de acción voluntaria, así como participar na planificación dos programas formativos en colaboración con outras entidades públicas ou privadas.

c) Executar e xestionar programas específicos en materia de voluntariado e desenvolver campañas de sensibilización e difusión do voluntariado entre a poboación galega en xeral e, en particular, entre o alumnado dos centros educativos.

d) Realizar os labores de coordinación do órgano colexiado consultivo e de participación do voluntariado, exercendo as funcións de secretariado deste.

e) Levar a cabo o desenvolvemento normativo en materia de voluntariado e establecer as liñas de colaboración para proxectos de voluntariado con outras entidades públicas ou privadas.

f) Xestionar o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia e fomentar o traballo en rede coas entidades de acción voluntaria a través da web, prestando servizos de información, documentación e asesoramento.

g) Tramitar e realizar o seguimento dos expedientes de subscrición de convenios, concertos ou calquera outro medio de colaboración con entidades públicas ou privadas e a convocatoria de axudas e subvencións a entidades e concellos.

h) Redactar propostas normativas, informes, estudos e estatísticas e executar e facer o seguimento dos programas de formación.

i) Xestionar os proxectos europeos de política social en relación coas áreas de voluntariado en Galicia.

j) Prestar servizos de información, documentación e asesoramento ás organizacións de voluntariado.

k) Executar e xestionar programas específicos en materia de voluntariado.

Artigo 33. Servizo de Xestión e Coordinación Administrativa

A este servizo, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo con dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, corresponderanlle a xestión e o control do pagamento das axudas e subvencións, así como a xestión económica e de contratación administrativa para os programas e actividades xestionados pola Dirección Xeral, sen prexuízo do control e coordinación que lle corresponda á Secretaría Xeral Técnica.

Artigo 34. Servizo de Información Xuvenil

A este servizo, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo con dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, correspóndelle coordinar o conxunto dos servizos de información xeral ou especializada da Rede Galega de Información Xuvenil; recoller, catalogar, elaborar e distribuír canta información sexa de interese para os mozos e mozas; e cooperar con entidades, organizacións e institucións públicas ou privadas na elaboración e na execución dos servizos, programas e actividades de información á xuventude.

Así mesmo, tamén se encargará de organizar accións formativas dirixidas ao persoal dos servizos de información xuvenil e á mocidade en xeral, en colaboración coa Escola Galega de Xuventude; e de asesorar outras entidades públicas ou privadas sobre a creación e a apertura de servizos de información xuvenil.

TÍTULO III

As Xefaturas Territoriais

Artigo 35. Organización

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Política Social e Xuventude organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, que desenvolverán as súas funcións nas áreas competenciais da dita consellería no ámbito territorial da provincia correspondente, de conformidade coa normativa de aplicación, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito, de acordo co disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro.

2. A Xefatura Territorial de Vigo contará cunha oficina coordinadora en Pontevedra que, baixo as directrices da persoa titular da Xefatura Territorial de Vigo, prestará funcións de apoio técnico e administrativo ás unidades administrativas existentes no ámbito da Delegación Territorial de Pontevedra.

Artigo 36. Funcións

1. Á fronte de cada xefatura territorial existirá un xefe ou unha xefa territorial da cal dependerán todos os servizos, unidades ou centros da Consellería que radiquen no ámbito territorial da súa competencia. As persoas titulares das xefaturas territoriais dependerán funcionalmente da persoa titular da Consellería, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar dos órganos de dirección da Consellería.

2. As xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude, baixo a autoridade e supervisión da persoa titular da dita xefatura territorial, estarán integradas polos seguintes órganos de apoio, con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Coordinación Administrativa.

Este servizo desenvolverá as seguintes funcións:

a) A coordinación administrativa do funcionamento dos servizos dependentes da xefatura territorial.

b) A habilitación e a xestión do persoal que preste servizos na xefatura territorial e nos centros dependentes.

c) As cuestións de réxime interior, información e atención ao/á cidadán/á, rexistro xeral, publicacións, tramitación administrativa, arquivo e inventario de bens.

d) A execución de actuacións de inspección da organización e o funcionamento dos servizos administrativos da xefatura territorial.

e) Prestarlle asesoramento e asistencia técnica e administrativa á persoa titular da xefatura territorial e substituíla en caso de vacante, ausencia ou enfermidade, así como nos casos da súa abstención ou recusación declarada.

f) Calquera outro asunto que non sexa de competencia específica dos demais servizos da xefatura territorial.

2.2. Servizo de Xestión Económica.

Este servizo desenvolverá as seguintes funcións:

a) O control contable, a a xestión e xustificación dos créditos que se lle asignen ou desconcentren.

b) A elaboración do estudo do anteproxecto de orzamento anual correspondente aos programas de gasto da xefatura territorial e dos centros dela dependentes.

c) A coordinación e a supervisión da xestión económica dos servizos da xefatura territorial e dos centros dependentes del.

d) A administración, o control contable, a xestión e a xustificación dos créditos desconcentrados e asignados á xefatura territorial.

e) A habilitación dos medios materiais.

f) A tramitación dos expedientes de contratación.

2.3. Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal.

Desenvolverá as funcións propias da Secretaría Xeal Técnica, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade e da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destinadas a persoas en situación de dependencia, persoas maiores e persoas discapacitadas no respectivo ámbito territorial.

2.4. Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica destinadas á familia e menores no respectivo ámbito territorial.

2.5. Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Inclusión Social destinadas aos servizos comunitarios, inclusión social e inmigración no seu respectivo ámbito territorial.

2.6. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no respectivo ámbito territorial.

Disposición adicional primeira. Réxime de suplencia

En caso de vacante, ausencia ou enfermidade das persoas titulares da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Dirección Xeral de Inclusión Social, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, así como nos casos da súa abstención ou recusación declarada, a suplencia será asumida segundo a orde de prelación que se establece no artigo 9 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

Disposición adicional segunda. Dimensión de igualdade

No exercicio das funcións a que se refire este decreto integrarase de xeito activo a dimensión de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Disposición adicional terceira. Presenza equilibrada de mulleres e homes

Nos nomeamentos de altos cargos desta consellería, así como das persoas titulares e membros de órganos de entidades integrantes do sector público autonómico do seu ámbito de competencias, atenderase ao principio de presenza equilibrada entre mulleres e homes.

Disposición transitoria primeira. Modificación ou supresión de subdireccións xerais ou servizos existentes

1. Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, por proposta da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, para readscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto.

2. No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo, será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Disposición transitoria segunda. Unidades e postos con nivel inferior ao servizo adscritos á órganos suprimidos ou amortizados

As unidades e os postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por orde da persoa titular da Consellería, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Queda derrogado o Decreto 216/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido no presente decreto.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Autorízase a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude para ditar as disposicións necesarias para a execución e o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude