Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39378

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 125/2022, do 23 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, puntos quilométricos 2+580 (Laxoso)-4+150 (encrucillada do Portasouto), de clave PO/16/139.10.1, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Antecedentes:

Primeiro. O 12 de agosto de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 154 o Anuncio do 29 de xullo de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, puntos quilométricos 2+580 (Laxoso)-4+150 (encrucillada do Portasouto), de clave PO/16/139.10.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 12 de xaneiro de 2022 aprobouse o expediente de información pública do proxecto de construción de adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, puntos quilométricos 2+580 (Laxoso)-4+150 (encrucillada do Portasouto), de clave PO/16/139.10.1.

Terceiro. Con data do 15 de xuño de 2022 aprobouse o proxecto de construción de adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, puntos quilométricos 2+580 (Laxoso)-4+150 (encrucillada do Portasouto), de clave PO/16/139.10.1.

O obxecto da actuación consiste na:

• Mellora puntual do trazado e a ampliación da calzada ata os 7 m de largo coa conseguinte reposición do seu firme.

• Mellora das interseccións coas vías públicas.

• Execución de cunetas de seguridade e mellora da drenaxe transversal e lonxitudinal.

• Reposición da sinalización horizontal e vertical e das barreiras de seguridade flexibles.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dea lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de xuño de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, puntos quilométricos 2+580 (Laxoso)-4+150 (encrucillada do Portasouto), de clave PO/16/139.10.1.

Santiago de Compostela, vinte e tres de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade