Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de xuño de 2022 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/35/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento aos herdeiros da persoa interesada con DNI 34119959B para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/35/2019-RP1, en relación coas obras consistentes nunha construción con tipoloxía de vivenda unifamiliar, sitas no lugar de Vide, no termo municipal de Monforte de Lemos, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística