Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de xuño de 2022 polo que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/56/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 6.5.2022, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 18.1.2019 e do 17.6.2021, en relación coas obras consistentes na execución dunha edificación composta de dous corpos, independentes entre si, destinado un deles a un uso residencial e o outro como complementario ao residencial, no lugar de Outeiral, no termo municipal de Bande, provincia de Ourense, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade número 34953784V, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística