Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Avión

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de administrativo/a, incluída na oferta ordinaria de emprego público de persoal funcionario para 2022, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 150, do 2 de xullo de 2022, publícase o texto íntegro das bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de administrativo/a, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, encadrada no grupo C, subgrupo C1, incluída na oferta ordinaria de emprego público de persoal funcionario para 2022, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do Portal de transparencia do Concello de Avión.

Avión, 4 de xullo de 2022

Antonio Montero Fernández
Alcalde