Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39360

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola extinta Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola extinta Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de xaneiro a abril do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola extinta Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia e outros medios do grupo información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

28.3.2022

149.967,37 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

22.3.2022

52.039,15 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.3.2022

32.169,66 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

22.3.2022

19.869,49 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.3.2022

8.988,58 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

22.3.2022

4.730,83 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

22.3.2022

6.150,08 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

22.3.2022

1.892,33 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2022.

28.4.2022

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para apoiar a estrutura e o funcionamento desta entidade durante o ano 2022.

28.4.2022

80.000,00 €