Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT Pombal, no concello de Nigrán, do que resulta beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/154-4).

A instalación denominada LMTS e CT Pombal foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 6 de setembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e se informa de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 17 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS e CT Pombal

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

54035A03500190

Tarela

Descoñecido

CT

37,31