De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), unha persoa propietaria da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificada por comparecencia dunha resolución de reestruturación parcelaria da zona de concentración que lle afecta.
A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 29 de xuño de 2022
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
DNI |
Acto notificado |
32779958J |
Notificación de resolución |