Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado 146/2022, interposto pola persoa con DNI 35899561-B, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 2.3.2022, interposto contra outra do 12.12.2019 (expediente POL/116/2015-B1), en que se impón unha segunda multa coercitiva por importe de 4.815 euros, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 9.9.2016, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.
Ao non poderse realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 46873860-K, para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística