Aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de asesor/a xurídico/a de igualdade (subgrupo A1), da escala de Administración especial, subescala técnica, en xornada reducida, para o Concello de Coirós, mediante sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 116, do 20 de xuño de 2022, aparecen integramente publicadas as bases e convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de asesor/a xurídico/a de igualdade (subgrupo A1), da escala de Administración especial, subescala técnica, vacante no cadro de persoal municipal.
Esta praza ten as siguientes características:
– Grupo: A1. Escala: Administración especial. Subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: asesor/a xurídico/a de igualdade, en xornada reducida (12 horas semanais).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na súa páxina web concellocoirós.com.
Coirós, 20 de xuño de 2022
Francisco Quintela Requeijo
Alcalde