Acordo da Xunta de Goberno local do 1 de xuño de 2022.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 111, do 13 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a selección e provisión en propiedade do posto de técnico/a deportivo/a, pola quenda de promoción interna, do Concello de Monfero, encadrado na escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos de grao medio, subgrupo A2, que se inclúe na oferta de emprego público do ano 2021, mediante o sistema de concurso-oposición.
O prazo para presentar as instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte hábil ao de publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Monfero, 13 de xuño de 2022
Andrés Feal Varela
Alcalde