A instalación denominada LMTS CT Ventín a Fornelos, no concello de Fornelos de Montes, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 23 de agosto de 2022, a partir das 12.30 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Fornelos de Montes.
Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e se informará de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Vigo, 9 de xuño de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
LMTS CT Ventín a Fornelos
Nº |
Referencia catastral |
Titular |
Nº apoio |
m2 solo |
ml sub. |
m2 servidume de paso soterrada |
1 |
36019A019004340000EZ |
Descoñecido |
1+arqueta |
11,10 |
3,15 |
6,3 |
2 |
36019A021001630000ED |
Leticia Blanco Freaza |
CT |
57 |