A instalación denominada LMTS, CT Cima de Vila, no concello de Fornelos de Montes, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 24 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 23 de agosto de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Fornelos de Montes.
Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e se informa de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 9 de xuño de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
anexo
– LMTS, CT Cima de Vila.
Nº |
Referencia catastral |
Titular |
Nº apoio |
m² solo |
m² servidume de paso soterrada |
1 |
36019A001002030000ER |
Descoñecido |
CT |
24 |
14 |