Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de xullo de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de construción de sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306, de clave PO/21/069.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes

Pola Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 4 de xullo de 2022 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306, de clave PO/21/069.06, no municipio de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

A actuación proxéctase entre os puntos quilométricos (pp.qq) 0+000-1+590 da PO-302 e 0+000-0+350 da PO-306, e consiste na creación dun itinerario peonil continuo na marxe dereita das ditas estradas, na contorna do núcleo urbano de Vilanova de Arousa, e inclúe as seguintes actuacións complementarias para garantir a funcionalidade da dita senda: demolición e reposición das beirarrúas existentes e que se atopan deterioradas, execución de aparcadoiros en batería para vehículos, reposición da capa de rodaxe da estrada e dos servizos afectados.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Vilanova de Arousa (Praza do Concello, 1, 36620 Vilanova de Arousa ).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306.

Clave: PO/21/069.06.

Concello de Vilanova de Arousa.

Referencia catastral

Polig.

Parc

Propietario/s

DNI

Sup. (m2)

Clase

Uso do solo

Cultivo

1

36061A027002780000LI

27

278

Tourís Portas, María Dolores (hros.)

***1048**

89.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

2

36061A027002790000LJ

27

279

Tourís Portas, Benigno (hros.)

***3393**

32.00

Rústico

Agrario

Viñedo secaño

3

36061A027002820000LJ

27

282

Carro Navia, Ramón

***9370**

33.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

4

36061A027002830000LE

27

283

Osorio Álvarez, Manuel

***8058**

65.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

5

36061A027002840000LS

27

284

Falcón Cores, Digna

***8940**

84.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

6

36061A027002940000LY

27

294

Nine Oubiña, José Francisco

***2324**

1.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

7

36061A027002950000LG

27

295

Osorio Álvarez, Rosa (hros.)

***3449**

49.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

8

36061A027002960000LQ

27

296

Osorio Leiro, Josefa

***9931**

51.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

9

36061A027003490000LH

27

349

Nogueira Brea, Juan José

***4545**

65.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

10

36061A027003500000LZ

27

350

Vázquez Osorio, María Clementina

***3171**

82.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

11

36061A027003510000LU

27

351

Coejo Cores, María Esther

***6259**

16.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

12

36061A027003520000LH

27

352

Santorum Oubiña, Manuel

***8376**

197.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

13

36061A027003710000LK

27

371

Carro Navia, Manuel

***9369**

192.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

14

36061A027011600000LS

27

160

Grande Reigosa, Juan Manuel

González Pomares, María Cristina

***5210**

***6079**

39.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

15

36061A027003760000LJ

27

376

García Grande, José (hros.)

***3285**

22.00

Rústico

Agrario

Improdutivo

16

36061A02700510000LU

27

510

Padín Pérez, Manuel

Tourís Portas, Carmen

***2811**

***6082**

1.00

Rústico

Agrario

Improdutivo

17

36061A027005090000LW

27

509

Pomares Viñas, Gabino (hros.)

***4131**

5.00

Rústico

Agrario

Viñedo secaño

18

36061A027005080000LH

27

508

Bóveda Pomares, Pilar

***7179**

4.00

Rústico

Agrario

Viñedo secaño

19

36061A027005070000LU

27

507

Pomares Viñas, Gabino (hros.)

***4131**

13.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

20

36061A027007480000LM

27

748

En investigación

28.00

Rústico

Agrario

Improdutivo

21

36061A027005050000LS

27

505

Padín Pérez, Manuel

***2811**

31.00

Rústico

Agrario

Improdutivo

22

36061A027004940000LF

27

494

En investigación

116.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

23

36061A027005220000LL

27

522

Baulde García, Rosa

***5237**

8.00

Rústico

Agrario

Labradío secaño

24

4724001NH1142S0001RZ

42

4001

Millán Ventoso, José

***3866**

20.00

Urbano

Solo sen edificar

Solo sen edificar

25

4724002NH1142S0001DZ

42

4002

Millán Ventoso, José

***3866**

29.00

Urbano

Solo sen edificar

Solo sen edificar

26

4724003NH1142S0001XZ

42

4003

Fiel Paz, María Luisa

***4395**

78.00

Urbano

Solo sen edificar

Solo sen edificar