Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0881/2021-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0881/2021-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 1 de xullo de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0881/2021-PPM

12854575

Resolución

Rúa do Parque, 201, Almada (Portugal)

PSC-PO-1048/2021-PPM

78738927Z

Resolución

Rúa do Enxerto, San Pedro, 35, Cangas

PSC-PO-1069/2021-PPM

76934160B

Resolución

r/ Cabo Falcoeiro, 8, Poio

PSC-PO-1076/2021-PPM

36144237J

Resolución

A Seara, 9, Vigo

PSC-PO-1090/2021-PPM

53817138J

Resolución

Travesía de Vigo, 215, Vigo

PSC-PO-1095/2021-V

35473783D

Resolución

r/ Estorniño, 6, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-1102/2021-TRA

44836834J

Resolución

r/ Barbanza, 7, Ribeira