Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial tanatorio.

Asunto: aprobación definitiva do Plan especial infraestruturas e dotacións tanatorio Golpe.

Expediente: 2018/X999/000079.

O Pleno do Concello de Abegondo, na sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de maio de 2022, aprobou definitivamente o Plan de infraestruturas e dotacións tanatorio Golpe.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 a 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado por Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O enderezo electrónico na que figura o contido íntegro deste plan especial está á disposición de calquera interesado en https://sede.abegondo.gal

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Abegondo, 6 de xuño de 2022

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde presidente