Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 13 de xullo de 2022 Páx. 39915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización do SUND.4. Parque empresarial de Vedra (expediente 2022/U034/000001).

Aprobación definitiva do Plan de sectorización do SUND-4. Parque empresarial de Vedra.

Por acordo do Pleno da Corporación, adoptado na sesión ordinaria do 23.22022, aprobouse definitivamente o Plan de sectorización do SUND-4. Parque empresarial de Vedra, nos termos do expediente tramitado e da documentación técnica do expediente, asinada por Benito Fernández González e Gilberto Rodríguez Rodríguez en calidade de enxeñeiros de camiños, canles e portos, en xaneiro de 2022.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación coa disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de decembro, do solo de Galicia. Xunto coa publicación deste anuncio publicase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan que constan na memoria do plan.

En cumprimento do disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, remitirase ao órgano autonómico competente para a súa inscrición do Rexistro de Planeamento de Galicia. As ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e o contido do plan quedará á disposición do público na web do Concello: https://www.concellodevedra.es/

As indicacións das medidas para o seguimento dos efectos no ambiente de aplicación do plan son as sinaladas no punto 8, Plan de seguimento do ISA, integrado na documentación do Plan de sectorización:

Plan de seguimento.

Introdución e formulación.

O documento de referencia, de acordo coa normativa aplicable (Lei 9/2006) e en relación con este aspecto do ISA, considera preciso establecer un plan de seguimento que permita coñecer a evolución das variables de sustentabilidade para, por unha parte, controlar os efectos producidos sobre esas variables e, por outro, comprobar o cumprimento dos obxectivos que para cada variable propón o plan.

Engade que o plan de seguimento da sustentabilidade contará cun sistema de indicadores da evolución das variables enumeradas no punto 4 do documento de referencia e establecerá, na medida do posible, valores de referencia para os indicadores que permitan determinar a necesidade de aplicar as medidas e mecanismos previstos para corrixir os efectos negativos producidos e identificar con prontitude outros efectos adversos non previstos, ou ben para reconducir o plan no caso de que non se estea no camiño de acadar os obxectivos previstos, o que implicará a súa modificación ou revisión.

A este respecto, a memoria ambiental sinala a conveniencia de incluír algúns indicadores adicionais para as variables: patrimonio cultural, atmosfera, ciclo de materiais, patrimonio natural e ciclo hídrico e mobilidade. Estes indicadores inclúense no punto seguinte:

Indicadores ambientais.

Os indicadores deberán funcionar como ferramentas de medición da evolución do plan, tendo en conta os desenvolvementos limítrofes e o seu encadre, de cara ao cumprimento dos obxectivos da proposta e os específicos para cada variable de sustentabilidade. Os indicadores deben cumprir cunha serie de características básicas:

– Deben estar relacionados cos obxectivos de maneira que presenten a evolución da aplicación do plan respecto das intencións declaradas.

– Deben ser facilmente medibles e analizables en series temporais.

– Deben reflectir a evolución temporal de forma que poidan analizarse para prever ou corrixir tendencias negativas.

– O seu número debe ser reducido co obxectivo de seren facilmente comprensibles por todos os axentes implicados.

– Deben estar dispoñibles facilmente e non precisar de múltiples fontes de información para a súa obtención.

Inclúese a proposta inicial de indicadores para cada un dos factores ambientais que servirán para identificar e valorar os efectos adversos do plan inicialmente non previstos.

Factor ambiental

Indicador

Criterio de medición

Valor de referencia

Periodicidade de revisión

Paisaxe

Integración visual

Superficie do territorio desde a que é visible a actuación

Resultados do estudo da paisaxe (ISA)

Revisión en fase de deseño

Grao de aliñación das edificacións co relevo

Natureza

Naturalidade zonas verdes

Proporción especies autóctonas/alóctonas

Indicacións do proxecto de restauración do proxecto de urbanización

Revisar en fase de deseño/supervisión mensual en execución

Rexeneracion sistema fluvial

Superficie recuperada respecto da total

Solo

Ocupación do ámbito

Nº/ % parcelas ocupadas

Proxecto urbanización e ordenanzas

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Medio industrial

Distribución actividades por tipoloxías I

Nº/ % instalacións industriais/comerciais/servizos

Proxecto urbanización e ordenanzas

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Distribución actividades por tipoloxías II

Nº/ % instalacións adscritas á categoría I d. 133/2008

Variación respecto ano anterior

Nº/ % instalacións adscritas á categoría II d. 133/2008

Variación respecto ano anterior

Nº/ % instalacións adscritas á categoría III d. 133/2008

Variación respecto ano anterior

Distribución actividades por tipoloxías III

Nº/ % instalacións dotadas de A.A.I.

Variación respecto ano anterior

Distribución actividades por tipoloxías IV

Nº/ % instalacións dotadas de edar propia

Variación respecto ano anterior

Nº/ % instalacións conectadas á rede de saneamento

Variación respecto ano anterior

Sociedade

Conciliación

% Cobertura elementos destinados a conciliar vida familiar-laboral respecto nº de traballadores

Será definido polo Concello de Vedra

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Economía

Emprego

% Empregos directos creados respecto aos previstos

Variación respecto ano anterior

% Empregos indirectos creados respecto aos previstos

Variación respecto ano anterior

Enerxía

Consumo eléctrico

TEP/ano

 

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Consumo combustibles

TEP/ano

Variación respecto ano anterior

Edificios con certificación enerxética

Número e % sobre o total

Variación respecto ano anterior

Fontes renovables

% Enerxía consumida con orixe en fontes renovables

Variación respecto ano anterior

Atmosfera

Emisións atmosféricas asociadas a ciclos produtivos

Emisión (ton/ano) CO2

Será definido polo Concello no proxecto de urbanización e ordenanzas, en función dos datos do primeiro ano de explotación

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Emisión (ton/ano) partículas

Variación respecto ano anterior

Emisión (ton/ano) CO2

Variación respecto ano anterior

Emisión (ton/ano) compostos orgánicos volátiles

Variación respecto ano anterior

Emisión (ton/ano) SO2

Variación respecto ano anterior

Emisión (ton/ano) NOx

Variación respecto ano anterior

Edificacións con calefacción de gasóleo

Emisión (ton/ano) CO2 = consumo gj/hab-equiv./Ano*factor emisión gj/g

Variación respecto ano anterior

Edificacións con calefacción de gas

Emisión (ton/ano) CO2 = consumo gj/hab-equiv/año*factor emisión gj/g

Variación respecto ano anterior

Xeración de tráficos

Incremento IMD en vías de acceso instalacións

Variación respecto ano anterior

Medio hídrico

Rede de saneamento separadora

% Sobre o total

100 % da rede separadora de pluviais e residuais

Comprobación durante a fase de obra (periodicidade que se definirá no proxecto de urbanización) e anual durante a fase de explotación

Variación respecto ano anterior

Conexión sistema xeral de saneamento

% De instalacións conectadas á rede

100 % das instalacións conectadas á rede

Variación respecto ano anterior

Aforro do recurso

% Instalacións dotadas dispositivos de aforro

Será definido polo Concello no proxecto de urbanización e ordenanzas, en función dos datos do primeiro ano de explotación

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Ciclos de materiais

Xeración de residuos

Volume de RSU xerados

Será definido polo Concello no proxecto de urbanización e ordenanzas, en función dos datos do primeiro ano de explotación

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Volume de residuos inertes xerados

Variación respecto ano anterior

Volume doutros residuos xerados

Variación respecto ano anterior

Reciclaxe

% De RSU reciclados

Variación respecto ano anterior

% De residuos inertes reciclados

Variación respecto ano anterior

% Doutros residuos reciclados

Variación respecto ano anterior

Os valores de referencia serán definidos, en cada caso, no estudo de impacto sobre a paisaxe (anexo no presente ISA), no proxecto de restauración que se incluirá no proxecto de urbanización, no propio proxecto de urbanización e nas ordenanzas reguladoras ou, en último termo, serán definidos polo Concello de Vedra como parte do seu sistema de xestión ambiental no desenvolvemento e aplicación da Axenda 21, ao estar integrado na Rede galega de concellos pola sostibilidade. Ademais dos indicadores anteriores, inclúense no presente ISA novembro 2019, os indicadores adicionais que sinala a memoria ambiental no seu punto 6, Medidas de seguimento ambiental, que son:

Factor ambiental

Indicador

Criterio de medición

Valor de referencia

Periodicidade de revisión

Patrimonio cultural

Seguimento arqueolóxico

Inexistencia de afección ao patrimonio cultural

Non afección aos elementos do patrimonio arqueolóxico identificados no ámbito nin outros elementos que poidan existir non identificados inicialmente

Control arqueolóxico descontinuo durante as fases de reformulación,

de execución da obra e de restitución de terreos e

control arqueolóxico continuo para as obras que se executen no ámbito de protección dos elementos patrimoniais identificados.

Definirase exactamente no proxecto de control e seguimento arqueolóxico, que deberá ser autorizado pola DXPC

Adopción de medidas axeitadas

Atmosfera

Ruído

Cumprimento dos obxectivos de calidade acústica do Real

decreto 1367/2007

Límites sinalados no Real decreto 1367/2007. Para iso será necesario realizar medicións de ruído en fase de obra e explotación

Definirase no proxecto de urbanización para o seu control durante a obra e posteriormente revisión anual durante a explotación

Contaminación lumínica

% De luminarias que sexan eficientes enerxeticamente

100 % de luminarias con tecnoloxía LED en iluminación pública. Deberase recoller no proxecto de urbanización

Anual en explotación

Variación respecto ano anterior

Ciclo de materiais

Xestión de terras e RCD fase obras

% De reutilización do vol. Terras sobrantes

Será definido no proxecto de urbanización (Plan de xestión de residuos). En calquera caso, deberá cumprir o sinalado na Orde APM/1007/2017, do 10 de outubro, sobre normas xerais de valorización de materiais naturais escavados para a súa utilización en operacións de recheo e obras distintas a aquelas en que se xeraron

Será definido no proxecto de urbanización pero mínimo periodicidade mensual durante a fase de movemento de terras nas obras

% Xestión de RCD

Correcta xestión de todos os RCD que se xeren (100 %), conforme a lexislación vixente e o Plan de xestión de residuos do proxecto

Será definido no proxecto de urbanización

Ciclo hídrico

Xestión das augas residuais e pluviais

% Técnicas de drenaxe urbana sustentable

100 % da drenaxe urbana sustentable

Será definido no proxecto de urbanización para a súa revisión durante a obra e posteriormente revisión anual durante a explotación

Protección rede fluvial

% De especies caducifolias asociadas á rede fluvial que se deben conservar (Rego de Buxeiros)

Preservar o 100 % da vexetación de ribeira asociada ao Rego de Buxeiros

Será definido no proxecto de urbanización para a súa revisión durante a obra e posteriormente revisión anual durante a explotación

Patrimonio natural

Calidade das augas do afluente do rego de Buxeiros I

Parámetros de referencia segundo a lexislación de aplicación. Será definido no plan de vixilancia ambiental e/ou na preceptiva autorización de vertedura da fase de funcionamento

Calidade inicial das augas segundo campaña de mostraxe inicial

Será definido no proxecto de urbanización para a súa revisión durante a obra e posteriormente revisión anual durante a explotación

Ocupación do solo

Adecuación da superficie das zonas interface urbano-forestal da zona de influencia

% Adecuación da superficie das zonas interface urbano-forestal da zona de influencia forestal

100 % da superficie das zonas interface e a súa adecuación prevista no proxecto de urbanización

Será definido no proxecto de urbanización para a súa revisión durante a obra e posteriormente revisión anual durante a explotación

Mobilidade

Preservación da «ruta cicloturística polo Val do Ulla»

Preservación da ruta cicloturística que atravesa o sector

Adoptar medidas de preservación da ruta cicloturística

Será definido no proxecto de urbanización para a súa revisión durante a obra e posteriormente revisión anual durante a explotación

O obxectivo da emisión de informes é valorar a eficacia das accións realizadas para cada unha das variables que se verán afectadas e poder tomar as decisións que procedan.

Os indicadores rexistraranse nunha serie de fichas modelo e informes cunha frecuencia que dependerá das distintas fases de desenvolvemento.

Os contidos e a periodicidade dos informes ambientais definiranse no Plan de vixilancia ambiental elaborado para cada fase do proxecto. Inicialmente consideraranse os seguintes:

Fase de obra.

Informe inicial: verificación da idoneidade ambiental do proxecto, definición da situación preoperacional do ámbito de actuación e o seu contorno e actualización do Plan de vixilancia ambiental para a fase de obra.

Informe de seguimento ambiental: control da evolución ambiental da obra, seguimento de indicadores e seguimento da edificación das medidas ambientais aplicadas. Inicialmente considerarase periodicidade trimestral, ben que en función do indicador e do resultado que se vaia obtendo, ou por causas imprevistas, se poderá aumentar a periodicidade ou emitir un informe específico. En calquera caso, queda supeditada ás posibles indicacións do órgano ambiental.

Informe final de seguimento ambiental: compendio da evolución ambiental da obra e establecemento da situación final do ámbito e do seu entorno, antes do inicio da actividade.

Fase de funcionamento.

Actualización do Plan de vixilancia ambiental para a fase de funcionamento.

Informe de seguimento ambiental: seguimento de indicadores e seguimento da eficacia das medidas ambientais aplicadas.

Inicialmente considérase periodicidade anual, conforme se recolle nas táboas de indicadores, ben que a súa periodicidade se poderá axustar en función do indicador e do resultado que se vaia obtendo, ou por causas imprevistas, caso en que se poderá aumentar a periodicidade ou emitir un informe específico. En calquera caso, queda supeditada ás posibles indicacións do órgano ambiental.

Final da vida útil.

Actualización do Plan de vixilancia ambiental para a fase de abandono.

Informe final. Compendio de adopción das medidas de seguridade ambiental das instalacións e/ou demolición e establecemento da situación final do ámbito e do seu contorno.

Os informes serán remitidos ao órgano ambiental e neles indicaranse a evolución ou tendencia dos resultados e a adecuación de cada indicador, intentando con iso detectar as tendencias negativas destes.

Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e tendo en conta que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis procedente e sexa conforme dereito.

Vedra, 9 de xuño de 2022

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde presidente